Pablo del Valle (Vilalba,1991)É titulado superior de percusión polo Conservatorio Superior da Coruña con matrícula de honra. Paralelamente, completou a súa formación orquestral no CEI da Escola de Altos Estudos de Santiago de Compostela.Como intérprete sempre estivo vencellado ao repertorio contemporáneo para percusión, participando nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela e en diversas edicións do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo, onde en 2019 estrea a obra para marimba e electrónica “Alegorías” do galego Uxío D. Darriba.Na actualidade está a presentar o espectáculo para caixa e electrónica ‘Electric Drum Head’ sobre a saúde mental. Un proxecto persoal con obras de compositores americanos que pretende visibilizar os problemas xurdidos na etapa pospandemia na nosa sociedade. Feitos como o illamento e as relacións socias dos máis novos, a xestión emocional, os conflitos bélicos, a manipulación mental, ou o acoso e o suicidio son os temas presentes neste concerto.Ademais, en 2023 comeza tamén a composición de varias pezas de carácter máis “popular” coas que pretende romper a barreira que supón a música clásica para a mocidade. Para iso, explora a creación de novos sons con obxectos cotiáns do fogar como son os testos, as copas afinadas, os produtos de limpeza e os desodorizantes. Estes instrumentos conviven con gongs, bombos electrónicos, shakers, marimbas pregravadas e bases de electrónica.
Contratación
IndependientePablo del Valle 600 707 654 info@pablodelvallepercusion.com