Vídeos
Ecaterina
BALEAS
"...Que na quietude da noite atopemos recompensa ou perdón polo que nos convertemos..."Ecaterina toma como referencia a Ecaterina Teodoroiu, un soldado romanés que loitou e morreu na Primeira Guerra Mundial. Entrando nun mundo maioritariamente masculino, demostrou valía e abnegación, facéndose respectada e condecorada.Hoxe, ademais de ser un símbolo do seu país, é a primeira muller que aparece nun billete de banco.Por todo iso, Ecaterina compúxose pensando en todas as avoas que naceron sen nada e tiveron que loitar contra as súas propias guerras para saír adiante.Acompañado do poema de Gabriel Aresti queremos facer desta canción unha oda a quen libran as batallas diarias, defendendo a mans espidas os seus principios e os seus seres queridos.
Máis vídeos de Baleas