Vídeos
Bágoa de meiga
APRENDIZ, PETER PETROWSKI
Bágoa de meiga é un canto ao invisible. Á calor que nace dunha cociña pequena, no fondo dunha pota que ferve a lume lento mentres fóra o mundo arrefría. As meigas non lanzan maldicións, remexen e reméxennos por dentro. Remexen o caldo, remexen o tempo, remexen as nosas feridas. Cada cullerada leva consigo unha mágoa, unha dor, un sacrificio. Noites sen durmir, mans esgotadas. Paciencia e amor.Bágoa de meiga é unha analoxía. Simboliza a maxia herdada, xa consciente, desa forza robusta pero doce que sen pedilo sempre estivo para nos arroupare.
Máis vídeos de Aprendiz
