• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Aprendiz

Aprendiz (Nicolás Hermida López, 2002) é un artista galego procedente da localidade pontevedresa de Lalín. Aínda que de xeito máis artesanal, o seu estilo pode encadrarse na nova escena urbana galega. "Campo" (topónimo da aldea onde medrou) é o nome do seu álbum debut. Está composto por 12 pezas e ten como eixos centrais a reivindicación da Galicia rural interior e da muller labrega.

"Campo" é un álbum sementado e colleitado en Donsión. Nel reflexiono sobre a familia, sobre o fogar, sobre o rural e sobre a terra, e volto a ela, xa maior, para agardecer o suor de quen por tantos anos mantivo a estufa quente e o caldo enriba.

"Campo" é un álbum de música feita a lume lento e con cariño. É a (re)conciliación dun neno que estivo sempre vencellado á raíz sen saber sequera que o estaba. O lugar onde conecto cos cantares cos que miña avoa nos espertaba os sábados pola mañán.

Porque en "Campo" hai lembranzas que hulen, que se edifican e vertebran unhas enriba das outras, coma os sacos de esterco, construíndo toda unha rede afectiva de vivenzas e valores. Unha comuñón que foi posible grazas á toma de conciencia pola grandeza das cousas máis cotiás que se poden vivir nunha casa pequena do interior de Galicia.

Converxen así o costumbrismo, a voz popular das maiorías silenciosas e un milleiro de influencias que son froito dun profundo estudo sobre a muller galega, personificada nas figuras de miña nai e de miña avoa.

Contratación

Nicolás Hermida López
695 286 184
nicohermi20@gmail.com

Discografía

Aprendizaje

APRENDIZ

2022,

Vídeos

DALDEA

APRENDIZ, VOLK GZ

Bágoa de meiga

APRENDIZ, PETER PETROWSKI

Un día en Higharbor

APRENDIZ, SIBE

Tiempo

APRENDIZ

Lágrimas de sangre

APRENDIZ

Tal vez tamén che gusten