Vídeos
The House of Mirth
SUSANA MARTÍNEZ, LUZ BELOSO
Videoclip oficial da última canción de "Let's make a change" (PAI Edicións, 2017), titulada "The house of mirth". Realizado con animación de Luz Beloso, o clip narra a historia expresada na letra da canción: un paxaro que perdeu a súa casa, é dicir, o seu bosque destruído polos humanos. "The house of mirth" significa "a casa da ledicia", o lugar marabilloso onde paxaros e outros animais vivían cando non había contaminación, antes de que o home o destruíra. É, por tanto, unha canción visionaria e de denuncia contra o maltrato medioambiental ao que estamos asistindo.
Máis vídeos de Susana Martínez