• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Samuel Diz: 'Balada de la cárcel (Ocaña 1948)' de Daniel Fortea

SAMUEL DIZ

En abril de 1948, o guitarrista e compositor Daniel Fortea (1878-1953) escribiu esta obra na Prisión de Ocaña (Toledo), un dos centros penais máis crueis da posguerra franquista. A partitura foi dedicada ao seu "querido e avantaxado discípulo Felipe Ruiz".

Doce anos antes, nos primeiros meses da Guerra Civil española, María Teresa León e Daniel Fortea protagonizaron a inauguración do salón artístico do cuartel madrileño do Batallón Alpino do Quinto Rexemento. A periódico Milicia Popular (8 de outubro de 1936) recolleu este acto, que se abriu cun concerto de Fortea e un recital de Rafael Alberti; a continuación, María Teresa falou "con tons acesos aos milicianos montañeiros; do seu agarimo e andanzas polas montañas e do seu fervor polos que loitan polas liberdades populares". O Batallón Alpino tivo por obxecto a defensa da serra de Madrid, co poeta Luis Cernuda entre as súas filas.

En outubro de 2019, a partir do manuscrito conservado pola familia de Felipe Ruiz, Samuel Diz gravou esta obra para o disco 'Memoria da melancolía' na Huerta de San Vicente (Granada), coa guitarra orixinal de Federico García Lorca.

Máis vídeos de Samuel Diz

Isabel Villanueva, Samuel Diz y Jonatan Alvarado: 'Nana' de Manuel de Falla

SAMUEL DIZ

Samuel Diz: 'Cantilena' de Regino Sainz de la Maza

SAMUEL DIZ

Recuperación da guitarra de Federico García Lorca

SAMUEL DIZ

Atardecer - Juan José Mantecón

SAMUEL DIZ

Atardecer no Gaiás

SAMUEL DIZ

Café 1930 - Astor Piazzolla

SAMUEL DIZ, ROBERTO ALONSO

Zidur

SAMUEL DIZ, HERMELINDO RUIZ

Guitarra Clásica Galega - Muiñeira

SAMUEL DIZ