• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Samuel Diz

O guitarrista galego Samuel Diz é un intérprete e investigador especializado na música da xeración do 27' e o exilio republicano español. Recibiu o Premio da Crítica polo seu debut no Palau de la Música Catalana e é autor do primeiro disco gravado coa guitarra orixinal de Federico García Lorca.
Neste último traballo discográfico “Memoria de la Melancolía” (Poliédrica 2020) homenaxea á escritora e activista feminista María Teresa León, a partir da súa autobiografía e músicas coetáneas orixinais, na súa maior parte inéditas, que atopou en diversas residencias de investigación en Madrid, Roma, París, Cidade de México ou na Habana.
En paralelo á súa carreira internacional nos Estados Unidos, México, Zimbabwe, Francia ou Irlanda, Samuel Diz mantén o seu compromiso con Galicia na recuperación de músicas inéditas de Jesús Bal y Gay ou Juan José Mantecón, as encargas a creadores actuais coma Fernando Buide del Real, a publicación do disco “Guitarra Clásica Galega” (Ouvirmos 2012), ou na dirección artística do festival Música no claustro, que desenvolverá a súa XIV edición do 1 ao 7 de agosto de 2020 na Catedral de Tui.

Contratación

http://www.samueldiz.com/
(+34) 627 505 777 - (+34) 661 535 696
oficina@samueldiz.com

Discografía

Memoria de la melancolía

SAMUEL DIZ, ISABEL VILLANUEVA (VIOLA), JAVIER RIBA (GUITARRA), JONATAN ALVARADO (VOZ)

2020, Poliédrica

Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca

SAMUEL DIZ

2015, Poliédrica

Danzas Puertorriqueñas

SAMUEL DIZ, HERMELINDO RUIZ, STEFFAN BESSER, MARCO SANTOR

2014,

Guitarra Clásica Galega

SAMUEL DIZ

2012, Ouvirmos

On the Road | Puerto Rico

SAMUEL DIZ

2012, Autoeditado

Vídeos

Samuel Diz: 'Balada de la cárcel (Ocaña 1948)' de Daniel Fortea

SAMUEL DIZ

Isabel Villanueva, Samuel Diz y Jonatan Alvarado: 'Nana' de Manuel de Falla

SAMUEL DIZ

Samuel Diz: 'Cantilena' de Regino Sainz de la Maza

SAMUEL DIZ

Recuperación da guitarra de Federico García Lorca

SAMUEL DIZ

Atardecer - Juan José Mantecón

SAMUEL DIZ

Atardecer no Gaiás

SAMUEL DIZ

Tal vez tamén che gusten