• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

BREATHE

TWO FACES, ICÍA VARELA

TWO FACES lanza o seu novo single " Breathe”.
Two Faces, o proxecto de dous músicos coruñeses Bruno Couceiro e Ismael Berdei, presenta o seu novo single autoeditado: ” Breathe”.
En “ Breathe” atopamos pianos potentes, baterías e sintetizadores, adornados coa voz de Icía Varela: nova promesa da música tradicional galega, que traballou con artistas referentes como Mercedes Peón, Ses e Miguel Lamas entre outros.
Todos estes elementos fusiónanse nunha poderosa mestura de sons que nos transmiten varias sensacións. Por unha banda certa melancolía, presente sempre neses momentos de soidade no camiño, recordos, propósitos: estas sensacións ven acrecentadas pola situación acaecida durante estes últimos tempos de pandemia e post-confinamento. E por outra banda haiche un sentimento de rabia que nos empuxa a seguir adiante, a non mirar atrás e pensar no que está por vir. Camiñar, deixarnos levar, e finalmente poder sacarnos a máscara e RESPIRAR.
“Breathe” chega acompañado dun videoclip gravado no Camiño de Santiago na súa versión do Camiño Inglés, realizado por Ollala Ferga e dirixido pola propia banda.
O videoclip transmítenos esa necesidade que temos todos nalgún momento de parar, de facer un “ break” nas nosas vidas, un respiro, un descanso para poder retomar de novo o noso “camiño”. E é unha razón que leva moita xente para facer o camiño de Santiago.
O single e videoclip están dispoñibles en todas as plataformas dixitais desde o día 26 de novembro 2021.

Máis vídeos de TWO FACES

101 RAZONES

TWO FACES

EARTH

TWO FACES

Bicicleta

TWO FACES

Wild Doll

TWO FACES

Bicicleta

TWO FACES & MARÍA MAQUIEIRA