• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Rockin' Vila

Rockin' Vila

O Rockin’ Vila é un festival sen ánimo de lucro que se celebra en Vilanova de Arousa. Logrou consolidarse no panorama musical do verán galego grazas a unha organización impecable, que destaca pola imaxe cara ao público, cunha produción na que se coidou e se coida cada pequeno detalle, impulsado cunha promoción eficaz e de calidade.

Foi creado en 2014 pola Asociación Cultural PIB CREW, posta en marcha como proxecto de fin de estudos por catro mozos do pobo e na que, hoxe en día, aportan o seu gran de area máis de 50 rapaces.

Unha das razóns de peso que os levou a poñer en marcha o festival foi ampliar a oferta cultural desta vila mariñeira. Búscase poñer a Vilanova de Arousa no mapa e que a xente de fóra coñeza este paradisíaco entorno. E, por suposto, que a poboación local puidera sentirse orgullosa de posuír un espacio cultural propio que destacase as características da vila.

Sempre se conservou a filosofía coa que se comezou: a aposta pola música en galego, contando con múltiples estilos musicais no seu cartel, aínda que teñen como nexo principal o rock and roll. A pesar de que a base de todo é Galicia e a súa cultura e, grazas a que cada ano as edicións non deixan de medrar, puidéronse ver neste recuncho arousán a grandes bandas do panorama musical nacional actual.

A maiores de querer promover a música e cultura galegas, lóitase tamén pola defensa do idioma galego e a potenciación da creación musical no mesmo, a achega de alternativas de ocio e culturais ao pobo de Vilanova, así como apoiar aos grupos musicais da zona, lograr impactos positivos para o sector turístico e, por suposto, a consolidación do festival como un evento con valor e identidad propios.
O evento esténdese a todo o pobo de Vilanova de Arousa e a todos os seus veciños e visitantes, programando múltiples actividades complementarias máis alá dos concertos: actividades para nenos, xogos tradicionais, campionatos de futbolín, etc.

Entre os artistas convidados en anteriores edicións, contouse con Mafalda, Dakidarria, Familia Caamagno, The Locos, Ruxe Ruxe… E, de cara a este 2018, poderase ver sobre o escenario do festival a bandas como Sés, Funkiwis ou Terbutalina, aínda que todavía queda moito cartaz por confirmar.

¡Esperámosvos!

Promotores: Asociación Cultural PIB CREW

Ano de creación: 2014

Periocidade: Anual

Duración: Dous días

Lugar de celebración: Vilanova de Arousa, Pontevedra

Datas aproximadas de celebración: Segunda semana de agosto

Tal vez tamén che gusten