• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

E OS MELÓMANOS FORON PARA...

E os melómanos foron para...
15 MAIO 2024

Os Melómanos dos XI Premios Martín Códax da Música xa teñen dono! Organizados pola asociación Músicas Ao Vivo, co apoio da Xunta de Galicia, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu onte á noite a Gala dos Premios, conducida polo lendario Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte Alto.

O Premio Honorífico desta edición foi entregado a Emilio Cao, quen, cos seus case 50 anos de traxectoria musical é considerado unha figura clave na apertura da música galega no ámbito internacional destacando o seu papel pioneiro e renovador. Recoñecido por recuperar a arpa celta para a música galega, instrumento esquecido desde o medievo e ao que se enfrontou de maneira autodidacta, Emilio Cao é un dos grandes artistas da música de noso país desde que comezou a súa «peregrinaxe» musical nos anos setenta.

 

Her Anxiety

METAL/HEAVY

 

 

Guadi Galego 

CANCIÓN DE AUTOR/A

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «Todas as músicas reparan, unhas consolidan e outras rachan, algunhas doen e outras calman» (29/3/2021)

 

 

Brais Morán & Nasaufunk

BLUES, FUNK E SOUL

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «‘Revolución Chic’ é unha volta aos cimentos cos que medrei, ao que sempre me inspirou» (26/2/2024)

 

 

Mondra

ELECTRÓNICA

 

 

Caamaño & Ameixeiras

FOLK

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «O feito de ter a ritoloxía popular como leitmotiv resultounos tremendamente inspirador» (20/11/2023)

 

 

Os Melidaos

MÚSICA TRADICIONAL

 

 

Catuxa Salom

MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE

Ver en galiciantunes

 

 

 

Agrupación Musical de Goián

BANDAS DE MÚSICA POPULAR

 

 

Terbutalina

ROCK/PUNK

 

 

hydn

MÚSICAS URBANAS

Ver en galiciantunes

Entrevista en galiciantunes: «Hydn pode ser a túa vilá ou heroína favorita, todo depende dos ollos cos que a mires» (4/9/2023)

 

 

América de Vigo

ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA

 

 

Carme López

MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA

 

 

Pablo Sanmamed Trío + Benxamín Otero

JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS

 

 

Lucía Aldao

POP/INDIE

Ver en galiciantunes

 

 

Uxía Lambona e a Banda Molona

MÚSICA INFANTIL

 

 

Gloria Pavía

ARTISTA EMERXENTE

 

 

Miudiño Sessions

ORGANISTRUM: PROXECTOS DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL

 

 

As Nosas Músicas de Couso

ORGANISTRUM: FESTIVAIS

 

 

A Arca da Noe

ORGANISTRUM: SALAS

 

 

Premio Honorífico 2024: Emilio Cao

 

  noticias