• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GRUPOS E ARTISTAS DA SEMANA 2024. VOL I

GRUPOS E ARTISTAS DA SEMANA 2024. VOL I
23 DECEMBRO 2024

Hoxe, a pouco máis dunha semana de rematar 2024, comezamos repasar os Artistas e Grupos da Semana que pasaron pola nosa cabeceira. Agradecemos que compartiran o seu tempo con nós, non só a través dos acordes das súas composicións, senón tamén a través das teclas do ordenador, contestando a todas, e cada unha, das nosas preguntas.

Unha delas, —non sempre a máis fácil de contestar— era: «se tiveras que escoller só unha canción da túa discografía, cal elixirías e por que?». Coas respostas, fixemos esta listaxe na que, ademais, lembramos as súas palabras.

 

Amoebo

Entrevista en galiciantunes (8/1/24): «‘CADA VEZ MELLOR’ É UN ÁLBUM DEDICADO AO AMOR MODERNO»

Amoebo: «“Zapatilla”, foi a canción que comezou todo, a que nos levou ao Festival de la Luz, e aínda que non é a que máis me gusta, nin a mellor producida, sempre funciona xenial nos directos; é moi divertida e encántame cantala e bailala en directo».

 

 

Juan Carlos Cambas

Entrevista en galiciantunes (15/1/24): «INTENTO QUE A MIÑA MÚSICA TEÑA IDENTIDADE E PERTENZA»

Juan Carlos Cambas:«Elixiría “La vida”, que gravei xunto a Silvio Rodríguez (Cuba) e Alos Quartet (País Vasco)».

 

 

Capital Voskov

Entrevista en galiciantunes (22/1/24): «O NOSO SON TEN A DENSIDADE DO POP, A URXENCIA DO ROCK E A TEXTURA DO INDIE»

Capital Voskov: «Pois diríamos que “Edimburgo” porque, por unha banda, supuxo un bo punto de inflexión no grupo a moitos niveis e, pola outra, porque foi a primeira vez que o público cantou unha canción composta por nós nun dos nosos concertos».

 

 

Iker

Entrevista en galiciantunes (29/1/24): «CANDO FAS O QUE CHE GUSTA, SEN DISTRACCIÓNS, AO FINAL É COMPLICADO NON ATOPAR UN SENTIDO. O SENTIDO ES TI»

Iker: «Elixiría “TRONCO”, porque sintetiza ben o meu gusto tanto polos sons atmosféricos como polos máis agresivos. É unha das miñas letras favoritas, lembro que gañei un premio de poesía grazas a ela. E estou orgulloso da produción porque foi a miña primeira experimentación con algo tan percusivo e co sampling; quedei moi satisfeito co resultado. Como produtor, penso que é a miña mellor canción. Ademais, da letra deste tema xurdiu todo o fío conceptual do meu primeiro EP, Torito Lucero, polo que lle teño un cariño especial».

 

 

RYMER

Entrevista en galiciantunes (5/2/24): «A NOSA MÚSICA É AGRESIVA PERO TAMÉN BASTANTE EMOTIVA»

RYMER: «O seguinte tema que seguramente saia á luz nos próximos meses. É salvaxe».

 

 

 

Factoría de Subsistencia

Entrevista en galiciantunes (12/2/24): «O TEATRO TEN MOITO DE MÚSICA E A MÚSICA MOITO DE TEATRO»

Factoría de Subsistencia: «Moi complicado buscar unha resposta pero, por dicir un tema, seguramente “Coitado Superman”. É un tema que nos acompaña desde os inicios e soa en cada concerto. Un tema onde a historia de fondo é que non podemos confiar en ninguén alleo para que resolva os nosos problemas. A solución chegará o día que aprendamos a colaborar entre todas nós».

 

 

Cita Doble

Entrevista en galiciantunes (19/2/24): «O MÁIS IMPORTANTE DA MÚSICA É VIVILA»

Cita Doble: «Estamos os dous de acordo en que o tema que escollemos e “Ladrón de corazóns”, porque con el foi co que demos un cambio de son moito máis profesionalizado e nos aproximamos ao estilo que máis nos representa».

 

 

Brais Morán

Entrevista en galiciantunes (26/2/24): «‘REVOLUCIÓN CHIC’ É UNHA VOLTA AOS CIMENTOS COS QUE MEDREI, AO QUE SEMPRE ME INSPIROU»

Brais Morán: «Difícil pregunta. A día de hoxe, a que máis representa a miña música é “Revolución Chic, pero se penso no público, a que máis enganchou á xente é sen dúbida “Cando imos para ese lugar”. Supoño que porque a consideran como un himno propio, bateulles ben no corazón e identifícanse moito con ela. Iso para min xa é o máximo e síntome feliz».

 

 

Rheia Gorecki

Entrevista en galiciantunes (4/3/24): «OS TEMAS DE "MONOCHROME" NACERON DAS PROPIAS EXPERIENCIAS VITAIS»

Rheia Gorecki: «“Rattlesnake”, porque é unha evolución madurada de “Breathe” e esta foi a canción das mil e unha versións e experimentación na procura do son que queriamos».

 

 

XABGZ

Entrevista en galiciantunes (11/3/24): «ESTE TRABALLO TEN UNHA IDEA AUTODESTRUTIVA, UN ULTIMATO VITAL»

XABGZ: «“A Luta Continua”, porque foi coa que me lancei, e da que me fixeron un videoclip que é do máis significativo da miña obra; din que o puxeron no MACBA e foi o tema que me puxo na TVG e na prensa nese momento. Cambiei unhas tres veces a súa composicion, a versión final é de hai dous anos... seguramente algún día poderei gravala orquestada con instrumentos reais».

 

 

Martins Aneiros Band

Entrevista en galiciantunes (18/3/24): «A AUGARDENTE DO NOSO BLUES É A MORRIÑA»

Martins Aneiros Band: «“Boring Gentleman”, por ser a que mellor reflicte ese son moderno e ecléctico do que falamos».

 

 

Too Many Villains

Entrevista en galiciantunes (25/3/24): «QUERIAMOS QUE ‘PIEZA RARA’ FOSE UNHA MOSTRA, UNHA “PEZA” DO QUE SOMOS»

Too Many Villains: «Pensamos que “Pieza rara de mi colección” porque acadamos construír, a partir de un simple riff de guitarra e tres acordes, un tema potente que conta unha historia de amor nunha estrofa e un retrouso. Chegar á simplicidade é, por moito que pareza o contrario, sempre o máis difícil».

 

 

Exeria

Entrevista en galiciantunes (1/4/24): «SOMOS AS CANCIÓNS QUE ESTAMOS A TOCAR HOXE, MAÑÁ PODEMOS CAMBIAR»

Exeria: «“Sobre a Independencia”. Este tema é bastante representativo do momento actual da banda; ten partes fóra do 4/4, un retrouso potente, un bo solo de guitarra... é un tema completo».

 

 

Kalte Sonne

Entrevista en galiciantunes (8/4/24): «SEGUIMOS A SER HOMES FRONTE AO INCONMENSURABLE COSMOS»

Kalte Sonne: «Diremos “P3X-7763” porque foi o último que compuxemos».

 

 

Seitura

Entrevista en galiciantunes (15/4/24): «GUSTARÍANOS VIVIR DESDE OS ESCENARIOS O QUE TANTAS VECES VIVIMOS COMO PÚBLICO»

Seitura: «“Seitura”, foi e será o temazo».

 

 

David Vázquez

Entrevista en galiciantunes (22/4/24): «HAI UNHA ENERXÍA CANDENTE NA SENSACIÓN DE QUERER EXPERIMENTAR»

David Vázquez (LØCH): «É moi complicado escoller unha, pero nesta ocasión, quédome con “Belong”. Foi o primeiro tema que fixen tras Shelter e abriu o camiño ao que viría a posteriori. Ademais, foi o tema polo que coñecín a Dominique e acabamos tocándoa xuntos en directo nun fermosísimo atardecer no Gaiás e no acuario da Coruña, cunha quenlla ás nosas costas. Hai xa 10 anos de “Belong”, pero segue a ser un dos meus temas máis lembrados».

 

 

ULLAh

Entrevista en galiciantunes (29/4/24): «INTENTAMOS RECOLLER A ENERXÍA QUE NOS MANDA O UNIVERSO E MOSTRALA EN FORMA DE CANCIÓNS»

ULLAh: «Pois por elixir unha, escolleríamos “Trees”, aínda que só porque nos pedides que escollamos unha, porque querer, querémolas a todas ;). A razón? Porque pensamos que a súa mensaxe é a que mellor transmite a idea que representa ULLAh de volver conectar coa orixe e traer de volta á xente á súa orixe orgánica».

 

 

 

Leria

Entrevista en galiciantunes (6/5/24): «A MÚSICA É TOCAR O QUE CHE APETECE CONTAR NESE MOMENTO»

Leria: «Escolleríamos “Brétema”, xa que, á parte de ser un dos primeiros e por iso ter un oco especial no nosos peitos, é un tema que vivimos moi intensamente en directo. Tanto coas voces como coa letra... é o conxunto; coidamos que se xera unha atmosfera moi íntima e dá espazo a que a xente desfrute dos seus sentimentos».

 

 

BRUTAL

Entrevista en galiciantunes (13/5/24): «‘22820’ ESTÁ FEITO DESDE “AS TRIPAS”»

BRUTAL: «“Grita más fuerte”; para nós é unha canción indispensable nos concertos, e ademais a xente sempre a canta con nós».

 

 

 

XA’LUM

Entrevista en galiciantunes (20/5/24): «CON ‘TELLUS MATER’ QUERÍA PROBAR O POSIBLE DO IMPOSIBLE»

XA’LUM: «“Dies Sanguinis” representa un momento de perda e desorientación. É a miña canción preferida e a que se diferencia máis do meu traballo: está composta por tres partes con variacións tonais e harmónicas nas que a voz fai posible a transición. A gravación do clip foi un momento moi divertido e inspirador».

 

 

Sanny

 Entrevista en galiciantunes (27/5/24): «EXPRESARME A TRAVÉS DA MÚSICA É UN XEITO DE CANALIZAR COMO ME SINTO»

Sanny: «“Bird in a Cage”, penso que é o tema do que estou máis orgullosa pola mensaxe que transmite»

 

 

 

ETIQUETAS

  noticias