Señor MagicK é o álter ego que utiliza Manu Mandala para as súas actuacións como DJ desde 2012 e co que, ademais, presenta o seu primeiro EP en solitario, “El trovador Pop”.Con máis de dúas décadas nas cabinas como DJ e VJ, Mandala reaparece de novo na súa faceta de compositor e vocalista —interrumpida trala disolución de Lony e Modern Discoveries— e estréase como produtor.Actualmente encargado da parte electrónica de Ochodiecinueve, Señor MagicK ten colaborado coa banda IGLOO, primeiro na remestura de ‘Sin Mentiras’ do LP “Igløø2” (2015) e, un par de anos despois, producindo as bases electrónicas de ‘Gigante’, sétimo corte do seu LP, “Aquellos maravillosos daños” (2017).Ademais, Señor MagicK tamén contribuíu con Estereotypo, remesturando “A todos nos pasa”, e media ducia de remixes non oficiais doutras bandas.
Contratación
Manuel 675 663 455 contacto@senormagick.com