• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
David Falcón

David Falcón é un guitarrista, vocalista e produtor de Cambados (Pontevedra, 1988).

Tras case unha década tocando a guitarra con multitude de artistas da escena musical galega (actualmente The Gypsy Souls) retoma o seu proxecto en solitario, que xa conta cun EP autoeditado en 2012, e que permaneceu latente estos últimos anos.

A nova iteración deste proxecto evoluciona dende o blues e o soul do que naceu cara territorios máis experimentais, con elementos de ambient, rock progresivo, electrónica e jazz. O deseño de son como sinal de identidade, onde as guitarras, sintetizadores e voces se intercambian os papeis para crear texturas, ritmos e sonoridades especiais.

Nas suas canles de Instagram e YouTube comparte de maneira semanal experimentos de son e ideas de cancións, así coma colaboracións con outros artistas.

En 2021 está a publicar, a ritmo de sinxelos, o seu vindeiro EP, “Into the Blackest” é un salto ao baleiro, cara a novas formas de facer música e afondando en temáticas introspectivas e sociais onde a tecnoloxía como motor de cambio na sociedade xogan un rol clave nas súas letras.

Acompañado por Jesús Caramés ás baterías e Alberto Lamas ao baixo eléctrico, “Into the Blackest” contará tamén coa colaboración de múltiples artistas de bandas amigas.

Vén de publicar “Winds and Lights”, o segundo sinxelo do EP, que se une ao xa publicado “Moving On”; ambos temas están xa dispoñibles en tódalas plataformas dixitais.

Contratación

Discografía

Moving On

DAVID FALCÓN

2021, Autopublicado

Winds and Lights

DAVID FALCÓN

2021, Independiente

Vídeos

Winds and Lights (audio)

Moving On (Audio)

DAVID FALCÓN

Tal vez tamén che gusten