• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Carlos Ordóñez

O vigués Carlos Ordóñez conseguiu colocar a súa música na vangarda underground dos 90 e principios do 2000. Trátase dun personaxe realmente prolífico nestes anos: pioneiro do techno primitivo de tinguiduras escuras con Prozack; amosou a súa cara máis minimal e house en Gauss; uniuse a HD Substance en Discodé para achegarse ao música disco dos 70, ao house e a Daft Punk; montou xunto a Silvania o proxecto experimental Radio, gravando o delicioso “Radio” (Elefant, 1999); e asociouse con Alejandra Cabral para poñer en marcha Grado 33, un grupo de culto que nos deixou o imprescindible “Ya se oculta o sol” (Autoreverse, 2002) antes de disolverse.

En 2021 volve a escena tras case vinte anos de silencio, utilizando por primeira vez o seu propio nome. Entrega "Retortoiro" (Ferror Records, 2021), un EP de cinco temas que é unha viaxe ao futuro cando o tempo se desvanece. Unha inmersión sonora marcada por unha calma aparente que esconde un estoupido de tensión debaixo. Estruturas que flotan eternamente no horizonte. Música para sandar e completar.

Antes de finalizar 2025 chega o seu primeiro LP: “Un Instante de Naufragio” (Ferror Records, 2025). Un traballo que chega nun envoltorio de auténtico luxo coas pinturas de José Luis Seara e o deseño de Manuel Romero.

Contratación

Ferror Records
Sergio
667 264 325
ferrorrecords@gmail.com

Discografía

Un Instante de Naufragio

CARLOS ORDÓÑEZ

2025, Ferror Records

Un Círculo Helado

CARLOS ORDÓÑEZ

2022, Ferror Records

Retortoiro

CARLOS ORDÓÑEZ

2021, Ferror Records

Vídeos

Un Canto Sinusoide

CARLOS ORDÓÑEZ

Estridor 5-7-1

CARLOS ORDÓÑEZ

Retortoiro

CARLOS ORDÓÑEZ

Tal vez tamén che gusten