• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nico Casal

Pianista e compositor nacido en Santiago de Compostela no ano 1985. Despois de case 6 anos vivindo en Londres, actualmente atópase en Madrid onde traballa como compositor para cine, publicidade e televisión. Entre os seus últimos traballos atópase a banda sonora de “Stutterer” (Benjamin Cleary, 2015), curtametraxe inglesa gañadora do Oscar no ano 2016 e a película "La Enfermedad del Domingo" de Ramón Salazar, coa que conseguiu unha nominación aos Premios Feroz á mellor banda sonora.

Autor da banda sonora de películas como “El Árbol Magnético” (Isabel Ayguavives, 2013), “Bestia de Cardo” (Virginia Sánchez, 2014) e o seu último traballo “María (y los demás)”, dirixida por Nely Reguera en 2016. Nico Casal é o autor da música de numerosas curtametraxes, documentais e campañas publicitarias para marcas como British Airways, HSBC, Estrella Galicia, Wimbledon, Adidas ou Ford, entre outras.

Acaba de publicar o seu primeiro disco "Alone" co selo PIAS/PointOfDeparture en Londres.

Contratación

Discografía

Alone

NICO CASAL

2019, PIAS/PointOfDeparture

Vídeos

Ready to talk - Official Video

NICO CASAL

María y los demás (Trailer)

NICO CASAL

Skinny Love - Bon Iver (Live piano cover)

NICO CASAL

Loud Places - Jamie xx (Live piano cover)

NICO CASAL

Ellie

NICO CASAL

Stutterer (Trailer)

NICO CASAL

Tal vez tamén che gusten