Poucos grupos teñen menos que ver, musicalmente falando, que Ortiga e Grande Amore. Pero á vez, poucos comparten entre si unha visión tan estreita das cousas que lles gustan da música como eles dous. É algo difícil de explicar pero, cando pasa, nótase perfectamente. E Los Rastreadores é a proba perfecta diso.Un insólito EP que nace froito da aparentemente improbable unión dun tipo de Fontiñas (Santiago de Compostela) que se flipa con Mc Pikachu e Estopa, e outro de Frexulfe (Lugo) que está sempre con Suicide e Extremoduro metidos na cabeza. E o resultado é todo o pop e todo o punk que podería ser.
Contratación
Ernie Records Josiño Carballo info@ernierecords.com