• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Adrian Timms

Cantante e multiinstrumentista británico-andaluz-galego.

Defende as súas cancións de pop-alternativo-británico nun show en solitario, moderno e atípico, no que recrea a forza dunha banda completa sumando numerosas capas de sons en rigoroso directo. Destaca pola sensibilidade da súa impoñente voz, a súa forma de interactuar co público como showman e o seu son orgánico-electrónico.

Tras a autoproducción do seu primeiro disco 100% acústico “PART WON”, unha mestizaxe cultural entre o indie pop anglosaxón e o folk galego, continúa o seu eclecticismo musical e embarca unha viaxe á antípoda no seu novo proxecto experimentando con instrumentos electrónicos de última tecnoloxía.

"Soldiers Dance On TikTok" é o primeiro lanzamento desta nova etapa de composición con live looping. Unha crítica social e introspectiva sobre como reaccionamos a día de hoxe aos conflitos bélicos e a súa banalización nas redes sociais. Conta coa produción do recoñecido Juan de Dios e con instrumentos MPE como o Seaboard, combinando sons electrónicos caracterizados por unha expresividade propia de instrumentos tradicionais. O resultado é unha sonoridade particular, dinámica e chea de matices.

- Gañador do Certame de Cantautor Santa María de Europa (Madrid).

- Apoiado pola Xunta de Galicia e Fundación Paideia en programas de aceleración de artistas emerxentes: SONEMERXENTE (2023) e ACELERADORA MANS (2024).

Contratación

Adrian
634 812 707
contact@adriantimms.com

Discografía

Soldiers Dance On TikTok

ADRIAN TIMMS

2024,

Part Won

ADRIAN TIMMS

2019,

I Got You

ADRIAN TIMMS

2016,

Vídeos

Soldiers Dance On TikTok [Live at Estudios Mans] - Adrian Timms

ADRIAN TIMMS

Tal vez tamén che gusten