Un crossover entre versos medievais recitados sobre bases de hip-hop, moito flow e tinguiduras de contracultura.Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro de LaMontagne & PicoAmperio, capaces de establecer pontes coas músicas e literaturas doutrora traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.Sempre armados coa tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, o seu imaxinario electrónico destrúe fronteiras temporais e estilísticas e abre novos camiños neste proxecto multiforme a través do hip-hop, a abstracción ambient, o folclore, melodías suaves, atmosferas rascadas ou incorporando a world music. O eterno loop do son atlántico.Recontextualizando a lírica de Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Xela Arias, Fernando Pessoa, ou García Lorca; dos trobadores Martín Códax, Airas Nunes de Santiago e Alfonso X; ou coas súas creacións propias, a voz de Laura Lamontagne e os loops de PicoAmperio fan que o público se teletransporte a un universo híbrido, único, hipnótico e, sobre todo, absolutamente magnético.En 2022, despois de dous adiantos que supoñen os primeiros videoclips oficiais da banda; ‘Baharemonos nas Ondas’ e ‘Porque no Mundo’, o 8 de novembro sae o seu esperado disco que leva como título “Algo Que Sinalar”, que estarán presentando en salas e festivais nos últimos meses do e durante todo o ano 2023.
Contratación
Play Plan CulturalAdri 986 903 509 contratacion@playplan.es