
Filloas é un artista da nova escena sonora galega, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, a saúde mental, as relacións persoais e a festa.O seu novo álbum, “súbete ao EVA”, verá a luz en febreiro de 2025, baixo o selo @alendemusica. Unha obra que captura o espírito dunha xeración conectada e creativa.O movemento Filloas é imparable, e así o demostrou sendo o artista gañador do concurso Novos Valores 2024 do Festigal.Filloas presenta unha declaración de intencións, destacando como un dos artistas emerxentes máis inquedos da escena galega.Coa festa por bandeira, en directo atoparás autenticidade, diversion e risas.
Contratación
ALENDESara 620 125 057 ola@alende.gal