• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Alex Silva

ALEX SILVA (A Coruña / Baltimore, MD)

Canadian Duck Tapes



Alex Silva é un compositor musical e técnico de son da Coruña actualmente vivindo en Baltimore, MD (EE.UU.).

Estudou un máster de composición musical de bandas sonoras en ESMUC (Barcelona) en 2010 e Son en Vigo en 2002.

O seu proxecto Astroboyz foi seleccionado como alumno por Red Bull Music Academy (Madrid 2012, NYC 2013) e por Converse Rubber Tracks (Boston 2017) como artista de estudo, e editou a súa música en selos como Canadian Duck Tapes (EE.UU.), selo onde publicou e seu álbum debut "Exsamples" nunha edición limitada, ou Melodram Records e Struments Records (Barcelona) onde editou o seu primeiro 12'' "Pianobatacazoo", con remix de Jimmy Edgar.

As súas composicións para cine foron seleccionadas polo Festival Internacional de Sitges na selección de Nova Autoría en 2011.

O seu primeiro álbum de estudio "MIND PATTERN EXPLORER" (composto en 2015 e editado en 2017) foi gravado por Fernando Mejuto (Ictus) en La Cortina Roja Estudios da Coruña coa colaboración de Hugo Santeiro (Guerrera) e José Gutiérrez (Día de Furia), con Marcos Pazo (Ekkaia) na batería.

Alex prepara agora o seu novo disco, gravado nos estudios Converse Rubber Tracks en Boston, mentres rexenta o selo Canadian Duck Tapes e a serie de eventos de música electrónica chamada Cable Salad na cidade de Baltimore, MD (EE.UU.).

Contratación

Tamara
610 600 999
canadianducktapes@gmail.com

Discografía

MIND PATTERN EXPLORER

ALEX SILVA

2017, Canadian Duck Tapes

Tal vez tamén che gusten