Cora Velasco (Pontevedra, 1991) chega á música a través da interpretación. Logo de publicar catro traballo baixo o pseudónimo de Cora Sayers (2014-2018), a cantautora decide apostar pola composición en castelán e un novo nome, o seu propio.Despois de catro anos de carreira, máis de 200 concertos, tanto en Galicia como fóra das súas fronteiras, dúas xiras por 10 países de Europa e 3 traballos editados, Cora reaparece cunha nova proposta: “Sortilegios” (2018), o seu traballo máis persoal e candidato a protagonizar a consolidación da súa transición de “promesa” a unha verdadeira “realidade”.“Sortilegios” é unha colección dunha versión e sete cancións propias, todas compostas, a excepción dunha, en 2018. O ritual, o Teatro, a natureza, o rexeitamento, a transformación e o renacer son os temas principais do disco. Cabe destacar tamén a versión do clásico dos 80 “Arponera”, orixinal de Los Esclarecidos.
Contratación
RegalamúsicaJavier Abreu (+34) 687 783 214 cora.velasco.pedrosa@gmail.com