Querido Extraño é dende 2007 un dos alter ego musicais de Arturo Delgado, tras militar en bandas de rock e power rock como Los Fórrester, Doble Morgan, Gloomy House, Los Villanos de Boraville, Flip Corale y los Macabros... ademais de desenvolver outros proxectos en solitario como Paul Forrester ou Rusty James.Neste personaxe, que se presenta en directo acompañado do seu sombreiro vaqueiro, dúas guitarras (Laura Solla), harmónico, percusión primitiva (Nico Lysergic) e toneladas de paixón, conflúe unha serie de estilos clásicos dos que se declara debedor e difusor: rock, folk, country, blues, soul e garage das décadas dos 50, 60, 70 e mesmo algunha cousa aproveitable (como el di) dos 80.Perto tamén hai reminiscencia doutros xéneros extramusicais como o cine clásico (western, terror, policíaco), o cómic e a literatura (Edgar Allan Poe, Norman Mailer, Mark Twain, Anxel Fole...). Todo isto pasado polo seu filtro persoal, afrontando os temas preferentemente en castelán (tamén algún en inglés e en galego) e abordando temáticas fronteirizas, bíblicas, románticas, terroríficas, alcohólicas e mortuorias non exentas de humor negro e retranca, e sempre dende o punto de vista do eterno adolescente que levamos dentro.
Contratación
Golden Bizarro Producciones Arturo Delgado (+34) 699 206 285 arturodelgado73@yahoo.es