Chamaquito Pistolas é un músico e rockautor galego, agora fincado en Madrid, que chega desde a Fin do Mundo cun saco cheo de cancións nas que conta a ritmo de rock, valse, tango, blues ou rancheira os seus pensamentos, aventuras e inquietudes, sendo o punto forte destas os seus textos profundos nos que cada palabra está escollida con sumo coidado e delicadeza.En marzo do 2018, tras máis dun ano vivindo en Madrid e movéndose dentro do circuíto de novos cantautores, sae á luz “Humano” (2018), terceiro traballo de estudio no que, unha vez máis, está acompañado por Las Balas Perdidas, a súa banda habitual.Gravado e mesturado por Tomás Ageitos en Estudio A Ponte (Santiago de Compostela) en cinco sesións entre maio e decembro, masterizado polo Doctor Chou e producido polo propio Chamaquito Pistolas, poderíase dicir que, ata a data, ”Humano” é o seu traballo máis persoal, no que explora novas formas de traballar, indo por camiños non transitados nos seus discos anteriores, como a gravación da banda en vivo, tocando todos á vez no estudio, a experimentación con novos sons ou a presenza de dous temas sen Las Balas Perdidas nos que o artista mostra o seu lado máis íntimo.
Contratación
Chamaquito PistolasNando Pérez 627 642 631 chamaquitopistolas@gmail.com