• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Cristian Silva

Cristian Silva é un artista polifacético con dominio en varios estilos e diversos instrumentos de todo tipo. Posúe unha ducia de primeiros premios en concursos de música tradicional, ademais de colaboracións con multitude de artistas como Carlos Núñez, Susana Seivane e Rosa Cedrón, entre outros.

Producido ao completo polo propio músico, “EGO” é o seu primeiro traballo en solitario, unha viaxe onde, a través de dez pezas, a gaita e as frautas mestúranse con sintetizadores e percusión galega para levarnos a un novo e innovador planera sonoro, onde a tradición se funde coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop con influencias de rock, flamenco e música electrónica.

Logo do seu primeiro EP en solitario en 2015 e o libro-CD “Manual Ególatra Básico” (2017), o ecléctico artista presenta o seu novo sinxelo “Lobo Estepario”, un tema co que abre as portas do seu vindeiro traballo discográfico que verá a luz a finais de ano. Un álbum marcado pola conxunción de bases electrónicas, voces, sintetizadores, gaitas e frautas filtradas por pedais.

Cristian Silva conxuga as súas diferentes facetas artísticas para ofrecer un espectáculo transgresor. Acompañado pola EGO Band e cunha coidada estética escénica, o produtor carrilexo ofrecerá a evolución dun directo rodado por diversos escenarios da Península Ibérica e México.

Discografía

EGO

CRISTIAN SILVA

2015, Inquedanzas Sonoras

Tradiphonias

O CHUPACABRAS

2012, Inquedanzas sonoras

Vídeos

locus vacuus

CRISTIAN SILVA

Estado de fuga (cápsula en acústico)

CRISTIAN SILVA

Estado de fuga

CRISTIAN SILVA

Lobo estepario

CRISTIAN SILVA

Durmo na punta dos montes

CRISTIAN SILVA, ANA FERNÁNDEZ

Nana dos peixes mortos

CRISTIAN SILVA

Tal vez tamén che gusten