Vídeos
Augurio
HYDN
Producida por Chris Indian e con guitarra de Javier Limón, 'Augurio' é unha canción escrita por hydn tras a morte do seu avó. Chega ademais acompañada por un videoclip en tres actos, narrando á perfección o proceso do dó: o primeiro shock e tristeza inicial, a ira e a aceptación.hydn móstranos a súa versión máis intimista neste vídeo, dirixido por Xaime Miranda e Iago Vilarinho —sendo este último tamén Director de Fotografía da peza—, e ambientado nunha Galicia postapocalíptica. Producido pola propia hydn e con idea orixinal tamén súa en colaboración con Xaime Miranda, a historia reflicte á perfección a perda, a dor e o proceso de deixar ir, a través dunha viaxe.
Máis vídeos de hydn