Vídeos
O Bosque do Asubiador
EFRAÍM DÍAZ, BANDA SINFÓNICA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA (DIRIXE ANDRÉS VALERO-CASTELLS)
Efraím Díaz estrea a primeira obra composta para pito pastoril Alto de Sol e Banda de Música. O profesor da Escola Municipal de Música do Concello de Lugo, Efraím Díaz, estreou o pasado domingo 18 de marzo de 2018 ás 12:15h, no Palacio da Ópera de A Coruña, a obra “O bosque do asubiador” de Juán Durán. A estrea tivo lugar no Palacio da Ópera de A Coruña e contou coa participación básica da Banda Sinfónica Municipal de A Coruña, nesta ocasión dirixida por Andrés Valero-castells, que ademais de director é recoñecido compositor valenciano.Juan Durán é autor de obras de música de cámara, vocal, sinfónica e escénica, ademais de arranxos e orquestracións de música galega. Foi Premio da Cultura Galega en 2013 e recentemente Premio Reina Sofía de Composición en 2018. A obra é un concertino para pito galego e Banda de Música, un fito na historia da música galega que explora as posibilidades do instrumento. Un concertino é un tipo de concerto para un instrumento solista de curta duración, según palabras do compositor “unha obra fresca, en positivo, alegre, nada dramática, unha obra lírica”. A composición toma como pretexto no seu título 3 elementos recurrentes que están no imaxinario colectivo galego; o asubiador (paxaro), o afiador e o seu chifre, e a lenda do “Demo Asubiador” (moi coñecida na provincia de Pontevedra). No tema da melodía podemos atopar a cabeza melódica da “Muiñeira” de Xan Montes para piano, e na parte lenta a melodía do tema tradicional “Paxaro Que Vas Voando”.
Máis vídeos de Efraím Díaz