Vídeos
Potafro
EFRAÍM DÍAZ
"Potafro" é un solo de multipercusión para unha batería de cociña. Os ritmos usados forman parte dos esquemas típicos do estilo afro. O set-up (batería de cociña) está organizado por grupos de instrumentos. Inclúe moldes de flans, potas, paellas, dous vasos de cristal con palliña, catro concos tibetanos, un escorredoiro e un bombo-maleta tocado co pé.Esta idea xorde antes do concerto de San Froilán que fixo Color Café en 2007, durante o que eu estaba de mudanza. Os meus compañeiros pedíronme que levase algún dispositivo novo de percusión, entón ocorréuseme botar man das potas da casa para a introdución do tema "Afrogüiro".Esta obra está contida no disco "Viaje por Kallaikía".
Máis vídeos de Efraím Díaz