Vídeos
Sonificación espacial
EFRAÍM DÍAZ
SONIFICACION ESPACIAL (estrea)No espazo a ausencia dun medio elástico ten como consecuencia a non escoita de ningún son nas frecuencias de audición dun ser humano, os gases permiten que as ondas de son se propaguen. Este gas é moito máis denso que a nosa atmosfera e transmite estes sons inaudibles, e a través da sonificación de datos cáptase esta enerxía e tradúcese a sons audibles.A sonificación é un campo en desenvolvemento, a medio camiño entre a representación científica e a creación artística sonora e é precisamente neste último, no que se inspira esta obra para caixa orquestral coa que se “sonifica o espazo”. Con esta obra preténdese sonorizar o espazo do oínte (auditorio) mediante a amplificación do redobrante por medios electrónicos, simulando así algunha parte do espazo.
Máis vídeos de Efraím Díaz