Vídeos
Ai de Min!
MJ PÉREZ, CON RICHI CASÁS
"Ai de Min!" é o tema que MJ Pérez presenta como adianto do seu novo disco que terá por título "Casandra". Trátase dunha canción na que a artista presenta algo ao que nos ten pouco habituados: acompañada de toda a súa banda (Inés Mirás, Alberto Rama e Diego Fiuza) e coa colaboración especial de Richi Casás aos ventos, MJ presenta un tema do máis bailable cunha historia na que xoga co humor.Este videoclip está feito pola propia MJ, gravado, producido e editado por ela, en clave de "lyric video", e partindo dunha base do máis sinxela. Tema orixinal de MJ PérezArranxos: Inés MirásArranxos Ventos: Richi CasásGuitarra Acústica + Voz: MJ PérezPercusión: Alberto RamaGuitarra: Diego FiuzaBaixo: Inés MirásGravación e Mistura: Paco CerdeiraMáster: Chou
Máis vídeos de MJ Pérez