• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Mariluz

MJ PÉREZ, A PANADARÍA

“Mariluz” é un tema inspirado nunha escena da obra “Elisa e Marcela” de A Panadaría. Unha canción que nace fai dous anos como algo anecdótico e que MJ decide sacar adiante facendo que cobre outra dimensión. Deste xeito, “Mariluz” foi o pretexto ideal para facer unha colaboración especial entre A Panadaría e MJ Pérez.

Este videoclip foi gravado en dúas partes: unha en xaneiro de 2019 e outra en outubro deste mesmo ano. Co humor e a ironía como arma, “Mariluz” convírtese nunha ferramenta de crítica. É unha critica ás cidades escaparate, que agochan a precariedade e a exclusión social, así coma á tendencia xeral de buscar o artificio e a sorpresa, quedando só no superficial.

Este tema é un adianto que formará parte do novo disco de MJ Pérez que leva por nome “A LUZ PRENDIDA” e que sairá a inicios de 2020.

Unha produción de A PANADARÍA e MJ PÉREZ.
Gravado e Editado por MIKA AUDIOVISUAL.

Máis vídeos de MJ Pérez

A Luz Prendida

MJ PÉREZ

Falan de Ti

MJ PÉREZ

Vai Embora!

MJ PÉREZ

Cando Te Canses

MJ PÉREZ

O Fío Do Que Pendo

MJ PÉREZ

Casandra

MJ PÉREZ

Ai de Min!

MJ PÉREZ, CON RICHI CASÁS

A Peza Solta

MJ PÉREZ, LIDIA BAO

Evidencia

MJ PÉREZ

Sempre

MJ PÉREZ