Vídeos
Vai Embora!
MJ PÉREZ
"Vai Embora!" é o primeiro single en portugués de MJ Pérez. A cantautora galega, con raíces en Portugal presenta esta nova peza que combina a súa esencia con influencias da música folclórica portuguesa e do Fado. O humor e a ironía están presentes nesta nova música de MJ, onde a cantautora convida a "mandar embora" todo aquilo que nos fai mal e non nos permite ser nós mesmos. A música está fortemente unida ao videoclip, MJ aparece dum xeito completamente fora do habitual. Cando por fin consegue transformarse no que realmente ela é, e mandar fora as cousas malas, remata a canción brindando con ginjinha (como ben di o Fado da Mariquinhas). Este Videoclip foi feito por MJ Pérez en colaboración con Cuerda Floja Producciones e TikTak Teatro.
Máis vídeos de MJ Pérez