• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Surfing The Lérez

Surfing The Lérez

O Surfing the Lérez é unha romería rock & roll para todas as idades.

Nace un 1 de setembro de 2011 como promoción do concerto Lost Acapulco na Sala Karma. Tras un éxito inesperado, decidiuse convertelo nun festival. Dende 2013 vénse celebrando na illa das Esculturas, un escenario incomparable ao de calquera outro evento destas características.

Música en directo todo o día, unha zona infantil para os máis pequenos, numerosas actividades e un mercado, por tan só unha entrada solidaria, unha doazón de alimentos para os máis necesitados.

Promotores: Pontevedra ao Vivo, Sala Karma

Ano de creación: 2011

Periocidade: Anual

Duración: Dous días

Lugar de celebración: Illa das Esculturas (Pontevedra)

Datas aproximadas de celebración: 14-15 de xuño 2024

Tal vez tamén che gusten