Encordass Fiddle Fest


Contacto
652 620 005 https://encordassfiddlefest.com/ eff@galiciafiddle.com

Encordass Fiddle Fest, unha viaxe musical máxica co violín como fío condutor na Illa de San Simón e a súa enseada.O festival explora as conexións da música popular en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais coa música galega nun marabilloso espazo natural.Máis de 40 concertos nun formato íntimo e acústico onde prima a proximidade ao escenario, ademais de obradoiros de música, gastronomía, baile tradicional, programación infantil, paseos en barco e natureza.A proposta é unha illa con historia chea de música de xeito simultáneo, ademais dunha visita guiada. Na enseada, rutas de sendeirismo e microconcertos na natureza.
Promotores: Galicia Fiddle Asociación Cultural
Ano de creación: 2021
Periocidade: Anual
Duración: Catro días
Lugar de celebración: Illa San Simón e Enseada
Datas aproximadas de celebración: 26 de xuño - 6 de xullo