AGOSTO SOA A FESTIVAL
Soubéronche a pouco os festivais de xuño e xullo? Pois aquí chega agosto cargadiño de datas a elixir. Oito festivais desta plataforma farán que esteades ocupados durante todo o mes, así que escolle os que prefiras e planifica as túas próximas semanas, que da a información xa nos encargamos nós!
O festival «de festivaleiros para festivaleiros»coa música como protagonista que ofrece unha programación fresca e orixinal que mestura artistas consagrados do panorama nacional e internacional.
Cando?: 3-5 de agosto
Onde?: Bueu (Pontevedra)
Quen?: Estopa • Todos Tus Muertos • Amparanoia • Sés • Narco • Arco • Dubioza Kolektiv • Guerrera • Zoo • Dakidarria • Pedrá - Tributo a Extremoduro • The Soul Breakers • Hexany • Wöyza
Canto?: Últimas entradas con acampada incluída en SonRías Baixas desde 35 € máis gastos de xestión
A bordo dunha, case centenaria, goleta de madeira que servirá de escenario, coas Illas Cíes de fondo, o mar, a música e o viño serán coprotagonistas xunto cos músicos e os asistentes nun ambiente coral inigualable.
Cando?: Todos os venres e sábados de agosto
Onde?: Ría de Vigo
Quen?: The Soul Breakers • Igloo • La doble fila • Lou Reyes • Flip Corale • Family Folks • Benjamim • When Nalda became punk
Canto?: ENTRADAS ESGOTADAS!
Festival de espíritu rockeiro e alma mariñeira que transforma Malpica de Bergantiños (A Coruña) na capital rockeira da Costa da Morte. Durante o festival sucédense os directos de bandas galegas, nacionais e internacionais, mesturados con actividades deportivas e de ocio para os máis pequenos.
Cando?: 5 de agosto
Onde?: Zona praia de Canido, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Quen?: Novedades Carminha • Arizona Baby • Banda Crebinsky • Los Labios • Bento Veloso & Los Doce Trinches • Los Mecánicos
Canto?: De balde!
Máis?: O Nordestazo contará con zonas delimitadas y de aforo limitado onde os asistentes ao festival poderán acampar durante toda a fin de semana
Coa música como telón de fondo, ademais dunha oferta de actividades culturais, deportivas e diferentes servizos, Osa do Mar preséntase cun cartel que se podería considerara alternativo, underground e de calidade, tentando fusionar diferentes estilos (rock, pop, indie...).
Cando?: 18 e 19 de agosto
Onde?: Praia de A Marosa, Burela (Lugo)
Quen?: Rufus T. Firefly • Cala Vento • León Benavente • Viva Belgrado • Banana Bahia Music • Ángel Stanich • The Bots • Escuchando Elefantes • Catete Rococó • F.R. • Alien Tango • Meneo • Moonshine Wagon • Súper Cadáver • Clint Eastwood • Locoplaya • Miss Lane & The Kryptonians
Canto?: Compra online anticipada en Osa do Mar desde 10 € por día ou 15 € o abono de dous días
O Revenidas é unha cita anual imprescindible no calendario dos festivais galegos. En Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), reúnense cada agosto artistas de dentro e de fóra, unidos por sons mestizos á vez que de marcado carácter popular, que acompañan e promoven a festa e reivindican a cultura e o espazo público como patrimonio dos cidadáns.
Cando?: 18-20 de agosto
Onde?: Vilaxoán de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Quen?: La Pegatina • Terbutalina • Esne Beltza • Vendetta • Bolboreta • Noite Fechada • SonDaRúa • DJ Pimp • Skindred • Riot Propaganda • Desakato • Dakidarría • Doen • Pupil-les Txarango • Bohemian Betyars • Sara Hebe • Auxili • Zapa! • Voodoo • De Vacas • O Leo i Arremecághona • La Duendeneta
Canto?: Compra online anticipada en Revenidas por 35 € máis gastos de xestión, ou 45 € na billeteira, o abono e 20 € máis gastos de xestión, ou 25 € na billeteira, a entrada diaria.
V de Valarés é unha invitación a desfrutar de moito máis cun festival de música de verán, ofrecendo unha experiencia única de turismo alternativo, unha forma alcanzable e diferente de pasar un día irrepetible, unha experiencia para os cinco sentidos, sobre todo para o oído: música, electrónica, garage, indie e pop-rock.
Cando?: 18 e 19 de agosto
Onde?: Praia de Balarés, Ponteceso (A Coruña)
Quen?: El Mató a un Policía Motorizado • The New Raemon & McEnroe • White Bats • Love of Lesbian • La Habitación Roja • Pablo Und Destruktion • Disciplina Atlántico • Bifannah • Captains • Los Planetas • Airbag • Los Punsetes • DJ Coco • Terbutalina • Cala Vento • The Phantom Dragsters • Tito Ramírez • The Dirty Browns • Os Amigos dos Músicos • The Cove • Stoyka
Canto?: Compra online anticipada en VdeValarés desde 18 € ata 50 € máis gastos de xestión
Máis?: Obradoiros medioambientais, o festival prové colectores de reciclaxe e se encarga da recollida selectiva e un espazo gratuíto para as principais organizacións ecoloxistas. Voluntariado, un equipo de máis de 50 persoas colabora en tarefas de limpeza e mantemento da área do festival. Mobilidade, aportación gratuíta de transporte público minimizando as emisións de CO2 no área do festival. Abono de acampada desde o 18 de agosto ás 11.00 h ata o 20 de agosto ás 12.00 h.
TriFestival que busca achegar ao público as diferentes sensacións que aporta a música sen facer distincións de estilo, xa que aposta por incluír nun mesmo saco a música pop, art, clásica e folk, dando así voz aos novos e talentosos intérpretes galegos.
Cando?: 18, 19, 25 e 26 de agosto
Onde?: Centro Cultural de Santa María de Xeve (Pontevedra)
Quen?:
18 agosto Juan Cernadas • Nerea Rodríguez • The Folkies Celtas • Queco Lago
19 agosto José González • Fabio Catania • Fantasía • Frank
25 agosto Marina Hermida • Álvaro Beiró • Díghocho Mañá • CRJNDS
26 agosto Alba Reirís • Dúo Fírveda • Dúo Chingón • Inlaid Muffins
Canto?: Gratis!
Estreando image, Orixe Festival, antes coñecido como Orixe Candente, é un festival interdisciplinar que sobe ao escenario a diferentes artistas co obxectivo de ofrecer unha experiencia única.
Cando?: 22-26 de agosto
Onde?: Caldas de Reis (Pontevedra)
Quen?: Tanxugueiras • Skandalo GZ • Arrhytmia • Calle del Ruído • Eon Dry • Os Druídas • GHZ
Canto?: Entrada solidaria; 1kg de alimentos non perecedeiros