Nordestazo Rock
Contacto
(+34) 617 404 120 http://nordestazorock.com comunicacion@nordestazorock.com
O Nordestazo Rock é un festival de espíritu rockeiro e alma mariñeira que, ano tras ano, transforma Malpica de Bergantiños (A Coruña) na capital rockeira da Costa da Morte. Durante o festival sucédense directos de bandas galegas, nacionais e internacionais, mesturados con actividades deportivas (surf e kayak) e de ocio para os máis cativos (cursos de miniDJ e xogos infantís); todo nunha contorna espectacular coa Costa da Morte como pano de fondo.
Promotores: Producciones Audiovisuales 15004 SL, Asociación Cultural A Tralla
Ano de creación: 2009
Periocidade: Anual
Duración: 1 día
Lugar de celebración: Malpica de Bergantiños