OOOUTRA! OOOUTRA! OOOUTRA! AGOSTO 2018
Se os festivais de xuño e xullo soubéronche a pouco... prepárate porque agosto tamén chega cargadiño de datas a elixir. Seis festivais da plataforma farán que esteas ocupado desde o primeiro día ata o último con opcións musicais, culturais e gastronómicas para todos os gustos, así que escolle os teus que da «info» xa nos encargamos nós.
Cunha carta de presentación que reza «boa música, gastronomía e praia», SonRías Baixas, o festival «de festivaleiros para festivaleiros»coa música como protagonista ofrece unha programación fresca e orixinal que mestura artistas consagrados do panorama nacional e internacional.
Cando?: 2-4 de agosto
Onde?: Bueu (Pontevedra)
Quen?:
Xoves 2 Talco • Revolta Permanent • Assekes
Venres 3 La Raíz • Desakato • Che Sudaka • Terbutalina • Sara Hebe
Sábado 4 Berri Txarrak • Gatillazo • Muerdo • Muchachito • The Skarnivals
Canto?: Abonos de 3 días con acampada incluída desde 40 € e entradas de día desde 18 € a 25 €, sin acampada, ambos prezos máis gastos de xestión en sonriasbaixas.info.
«É mar, é viño, é música, é gastronomía e sobre todo é celebración». Terceira edición dun festival do máis especial; a bordo dunha, case centenaria, goleta de madeira que servirá de escenario, coas Illas Cíes de fondo, onde o mar, a música en directo e o viño serán coprotagonistas xunto cos músicos e os asistentes nun ambiente inigualable.
Cando?: Venres e sábados de agosto
Onde?: Ría de Vigo
Quen?: Edu Calvario y los Mártires de Camposanto • Ghost Beast • Juan Zelada • Los Wavy Gravies • Breakin’ Bones • Singer of Songs • Su Garrido Pombo • Senza
Canto?: Compra online anticipada en Ataquilla por 40 € máis gastos de xestión
A música, a praia e o bo ambiente son protagonistas dun festival con carácter propio. Na súa cuarta edición, Rockin’ Vila segue a apostar pola música en galego de múltiples estilos, unidos polo rock’n’roll, en dous días cargados de festa, cultura e tradición nunha contorna paradisíaca.
Cando?: 10-11 de agosto
Onde?: Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Quen?:
Venres 10 SES • Rebeliom do Inframundo • Foxy Freire • Brinkadelia Troupe • Barbitúricos • La Duendeneta • Mekanika Rolling Band
Sábado 11 Siniestro Total • Terbutalina • IGMIG • Funkiwis • SonDaRúa • Kings of The Beach • Aula 11 • Lisdexia • Rapariga DJ • La Sincereza
Canto?: Compra online anticipada en Wegow por 10 € a entrada de día e 15 € o abono de dous días, máis gastos de xestión. Para os nostálxicos, as entradas tamén están dispoñibles en puntos de venda físicos.
Máis?: Rockin’ Vila ofrece unha programación paralela destinada a todos os públicos por toda a vila, e de balde! Entre as Actividades Caliveras atópanse a Sesión Vermú con mexillonada popular, actividades acuáticas (kayak, paddle surf, etc.), exposicións e exhibicións, o Campionato de Futbolín ou, para os máis cativos, obradoiros de pintura, xogos na praia e espectáculos varios.
Non estaba morta, estaba de parranda! O festival máis «agarimoso» cumpre o seu quinto aniversario cun novo formato e a Osa pasa da praia ao centro e a ser de carácter gratuíto. Os concertos estenderanse desde o martes ata o venres por distintos locais de hostalaría da localidade e, o sábado, na Praza do Concello. Osa do Mar segue a manter a mesma liña que en edicións anteriores, cunha programación orixinal e un cartel alternativo, underground e de calidade, tentando fusionar diferentes estilos.
Cando?: 14-18 de agosto
Onde?: Burela (Lugo)
Quen?: Esteban & Manuel • Baiuca • Oh! Ayatollah • Brisa Fenoy • Terbutalina • Miss Lane & The Kriptonians • Boyanka Kostova + por confirmar
Canto?: De balde!
O Revenidas é unha cita anual imprescindible no calendario dos festivais galegos onde a música comparte protagonismo coas sardiñas salgadas e asadas na grella. Xa hai 15 anos que en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) se reúnen cada agosto artistas de dentro e de fóra, unidos por sons mestizos á vez que de marcado carácter popular, que acompañan e promoven a festa e reivindican a cultura e o espazo público como patrimonio dos cidadáns.
Cando?: 17-19 de agosto
Onde?: Porto de Vilaxoán de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Quen?: Russkaja • Auxili • Ayax y Prok • High Paw • Joan Garriga con Galàctic Mariatxis • Keltoi! • Zoo • The Dawlins • Banda Xangai • Steve’n’Seagulls • Soziedad Alkoholika • The Real McKenzies • Ezetaerre • Balkan Bomba • Cuarta Xusta • Glaukoma • NH3 • Xavi Sarrià • Dakidarría • El Diluvi • Trementa Jauría + por confirmar
Canto?: Compra online anticipada en Revenidas por 35 € máis gastos de xestión o abono, e por 20 € máis gastos de xestión a entrada diaria. Tanto os abonos como as entradas de día tamén están á venda en todas as oficinas de Correos de España.
Máis que un festival, Ameixa Rock é unha festa de música rock onde, nun entorno mariñeiro como é Carril, mestúrase a música con actividades lúdicas para todas as idades.
Cando?: 31 de agosto e 1 de setembro
Onde?: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Quen?: Miguel Costas • Festicultores • Desequilibrio Mental • Blast Wave • La Duendeneta • Dani Barreiro • DJ Plumbers
Canto?: De balde!
Máis?: Para ir abrindo boca, Ameixa Rock celebrará unha festa de carnaval de temática musical xunto con La Duendeneta, o venres 31 na praia da Cobacha, e haberá premios para os mellores disfraces!