• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

FINALISTAS GALEGOS DOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS 2019

FINALISTAS GALEGOS DOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS 2019
19 FEBREIRO 2019

Os Iberian Festival Awards, galardóns que premian o labor dos festivais organizados en España e Portugal, celebran este ano a súa cuarta edición e, si, unha vez máis, entre os seus finalistas distinguimos o selo #GaliciaCalidade.

 

Da centena de festivais nomeados, 11 son galegos e 7 deles forman parte da nosa plataforma!

 

ATLANTIC FEST

 

Un festival para todas as idades no que a música contemporánea, electrónica, indie e pop mestúranse para dar vida ao Atlantic Fest, unha combinación de praia e música coa Illa de Arousa como escenario principal. As actuacións complétanse cun sinfín de actividades para todas as idades, conferencias e charlas nun festival que aspira convertirse en «un gran festival, non un festival grande».

Mellor Programación Cultural

 

 

 

CAUDAL FEST

 

O Caudal Fest nace en 2018 para complementar a oferta de festivais galegos, en ascenso durante estes últimos anos, e co obxectivo de poder desfrutar da natureza do municipio, como o río Miño e o legado romano de Lucus Augusti, a través da música. Na súa estrea, subiron ao escenario da capital lucense grupos e artistas do nivel de Novedades Carminha, Iván Ferreiro ou Vetusta Morla. Con tan só unha edición, o Caudal chegou para quedarse.

Mellor Festival Revelación

 

 

 

FIV DE VILALBA

 

Se visitas Vilalba (Lugo) a finais de abril, atoparasche cunha carpa na praza da Constitución e os farois de todo o municipio emitindo luz fucsia. E é que, logo de máis de dez edicións, o FIV converteuse na marca xove de Vilalba ao ritmo de indie, pop, pop-rock e electrónica. Polo seus escenarios pasaron artistas como Xoél López, Iván Ferreira, Love of Lesbian, Izal, Lori Meyers, Carlos Sadness, Supersubmarina, Miss Cafeina e Fuel Fandango, entre outros.

Mellor Festival Indoor • Mellor Alojamiento e Recepción

 

 

 

O SON DO CAMIÑO

 

Definido como «o grande acontecemento cultural do ano en Galicia», O Son do Camiño estreábase en 2018 cunha oferta cultural de impacto co obxectivo de converterse nunha das citas de referencia dentro do circuíto nacional de festivais. No cartel da súa estrea líanse artistas internacionais do talle de The Killers, Lenny Kravitz, Franz Ferdinad, Martin Garrix ou Jamiroquai, e nacionais como Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Agoraphobia, Eladio y Los Seres Queridos ou C. Tangana, entre outros. Ligado á comunidade á que pertence, O Son do Camiño busca tamén posicionar a Galicia como referente do turismo musical, ademais de impulsar un dos principais pilares da cultura galega: o Camiño de Santiago.

Mellor Festival Revelación • Mellor Cartel • Mellor Directo Internacional - Lenny Kravitz

 

 

 

PORTAMÉRICA

 

Como unha ponte entre Europa e América, PortAmérica conecta as diferentes culturas a través da música, o ocio e a gastronomía e xa é considerado como un dos festivais de referencia en Galicia e en todo o país. Nos Iberian Festival Awards 2018 PortAmérica alzouse coa Mellor Activación de Marca pola campaña de Ron Barceló.

Mellor Infraestrutura • Mellor Actuación en Directo – Vetusta Morla (PT/ES)

 

 

 

RESURRECTION FEST

 

O maior festival hardcore, punk e metal de España nunca defrauda e sempre supérase. Creado por e para os fans, o «Resu» leva xa 13 edicións e segue a sumar seguidores. Nos Iberian Festival Awards 2018, o xurado coroou ao Resurrection Fest como Mellor Festival de Gran Formato, Mellor Cartel e Mellor Zona de Acampada de toda a Península Ibérica e, por votación popular, Mellor Directo Internacional por aquela brutal actuación de Rammstein.

Mellor Festival de Gran Formato • Mellor Aportación Turística • Mellor Cartel • Mellor Comunicación

 

 

 

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA

 

Unha illa, un cartel secreto... estas son algunhas das singularidades que fan ao festival Sinsal SON Estrella Galicia tan especial. Celebrado na illa de San Simón na ría de Vigo, o Sinsal fai que as 800 persoas de aforamento máximo síntanse afortunadas por poder asistir a este evento, ao que só se pode acceder en barco desde Vigo e Meirande.

Mellor Festival de Pequeno Formato • Mellor Activación de Marca - Estrella Galicia

 

 

 

SONRÍAS BAIXAS

 

Cunha carta de presentación que reza «boa música, gastronomía e praia», SonRías Baixas, o festival «de festivaleiros para festivaleiros»coa música como protagonista, ofrece unha programación fresca e orixinal que mestura artistas consagrados do panorama nacional e internacional, converténdoo nunha das citas musicais máis relevantes do verán.

Mellor Activación de Marca - Súper Bock

 

 

 

WOS FESTIVAL

 

O WOS Festival é un encontro da cultura máis alternativa e de vangarda que se celebra en diferentes puntos de Santiago de Compostela. De vocación multidisciplinar, ofrece actuacións do ámbito das artes escénicas, o audiovisual, a gastronomía... pero, sobre todo, da música. Nos European Festival Awards 2018, o festival compostelán xa foi premiado como Mellor Festival Indoor, primeiro festival galego en acadar un galardón a nivel europeo.

Mellor Aportación Turística • Mellor Festival Indoor

 

 

 

17º RIBEIRA SACRA

 

O 17º Ribeira Sacra é o punto de encontro para artistas estatais e internacionais no que, durante día e noite, os asistentes desfrutan de múltiples actividades, concertos en plena natureza, catas, visitas guiadas, rutas, música en catamarán, food trucks, cociña de autor ou artesanía vitivinícola nun marco natural como é a Ribeira Sacra, «o segredo da Galicia interior».

Mellor Festival de Pequeno Tamaño

 

 

 

Ademais, Fest Galicia, marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o noso territorio como destino musical que engloba algúns dos principais festivais galegos, compite na categoría Mellor Activación de Marca pola campaña que levou a cabo o pasado verán nos 10 festivais que promove.

 

Así mesmo, na categoría de Mellor Festival Non-Musical compite o Festival dos Eidos, festival poético do Courel (Lugo) organizado pola Fundación Uxío Novoneyra. A Festa dos Botes, que se celebra cada agosto en Arzúa (A Coruña), opta á Mellor Festividade, categoría que se estrea nesta cuarta edición.

 

Os gañadores daranse a coñecer durante a gala que se celebrará o mércores 13 de marzo no Teatro Afundación (Vigo).

  noticias