• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

OLAIA, SABELA E AÍDA CÓANSE ENTRE CAYETANO E CAROLINA

OLAIA, SABELA E AÍDA CÓANSE ENTRE CAYETANO E CAROLINA
14 MARZO 2019

Logo da votación popular e do xurado profesional, onte puidemos coñecer, por fin!, os gañadores dos XI Premios MIN durante a gala celebrada no Teatro Circo Price de Madrid e presentada pola cantante e actriz Julia de Castro (De La Puríssima).

A banda madrileña Morgan foi a gran triunfadora alzándose con cinco dos seis premios aos que estaban noemados (Mellor Artista, Mellor Álbum do Ano, Mellor Álbum de Rock, Mellor Directo e Mellor Produción); protagonismo que compartiu cos seus paisanos Carolina Durante, que foron galardoados como Mellor Artista Emerxente e Mellor Canción polo seu arquicoñecido “Cayetano”.

Dúas artistas que tamén partían como favoritas eran Christina Rosenvinge, nomeada a catro premios dos que finalmente levou un, Mellor Álbum de Pop por Un Hombre Rubio (El Segell del Primavera, 2018) e Zahara que, con seis nomeamentos, subiu ao escenario para recoller o premio ao Mellor Videoclip por “Hoy la bestia cena en casa”.

O acento galego púxoo Tanxugueiras; o trío coruñés de cantareiras recolleu o premio a Mellor Álbum en Galego por Tanxugueiras (2018) cun «que vivan todas as linguas e que viva Galicia» e unha grande ovación do público. Dedicado a «todas as que loitan por que o noso non morra», Tanxugueiras está composto por 11 temas onde voz e percusión comparten protagonismo e conectan a tradición galega con ecos que chegan desde alén do Atlántico.

 

 

 

Compartir é vivir, así que aquí vos deixamos a listaxe completa dos gañadores, e ata o ano que vén!

 

Mellor Álbum de Clásica: Forma Antiqva – Concerto Zapico Vol. 2

Premio Etxepare ao Mellor Álbum en Euskera: Ruper Ordorika – Bakarka

Mellor Deseño: Hazte Lapón – Tú siempre ganas

Mellor Álbum de Rock: Morgan – Air

Mellor Álbum de Hip Hop e Músicas Urbanas: SFDK – Redención

Mellor Álbum en Galego: TanxugueirasTanxugueiras

Mellor Álbum de Flamenco: Cañizares – El mito de la caverna

Premio Eventbrite ao Mellor Directo: Morgan

Mellor Álbum de Jazz: Javier Colina & Chano Domínguez – Chano & Colina

Mellor Álbum en Catalán: El Petit de Cal Eril – El Disc Triangular

Premio SAE Institute á Mellor Produción: Morgan – Air

Premio de Honra Mario Pacheco: Marcela San Martín (Sala El Sol)

Mellor Álbum de Músicas do Mundo e Fusión: Los Hermanos Cubero – Quique dibuja la tristeza

Mellor Álbum de Pop: Christina Rosenvinge – Un hombre rubio

Mellor Artista Iberoamericano: Gilberto Gil

Mellor Álbum de Electrónica: Cycle – Electrik

Premio Sol Música ao Mejor Videoclip: Zahara – ‘Hoy la bestia cena en casa’

Canción do Ano: Carolina Durante – ‘Cayetano’

Premio AIE ao Mellor Artista: Morgan

Premio El Corte Inglés ao Mellor Artista Emerxente: Carolina Durante

Premio The Orchard ao Álbum do Ano: Morgan – Air

  noticias