• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

CATRO FESTIVAIS GALEGOS NO PALMARÉS DOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS 2019

CATRO FESTIVAIS GALEGOS NO PALMARÉS DOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS 2019
15 MARZO 2019

A gala dos Iberian Festival Awards, certame que premia aos mellores festivais de España e Portugal, tivo lugar o pasado mércores 13 de marzo no Teatro Afundación de Vigo. Entre a centena de festivais nomeados, 11 galegos acadaron pasar á final, dos que, orgullosamente anunciamos, CATRO! resultaron gañadores, e un deles por partida dobre.

 

O Son do Camiño estreábase en 2018 como o «grande acontecemento cultural do ano en Galicia» e cun cartel no que se lían artistas internacionais do talle de The Killers, Lenny Kravitz, Franz Ferdinad, Martin Garrix ou Jamiroquai, e nacionais como Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Agoraphobia, Eladio y Los Seres Queridos o C. Tangana, entre outros. Non en balde, O Son do Camiño encabeza a listaxe de galardoados cos premios a Mellor Festival Revelación e Mellor Directo Internacional – Lenny Kravitz.

 

 

 

SinSal SON Estrella Galicia foi premiado como Mellor Festival de Pequeno Formato.

 

 

 

Resurrection Fest coroouse como Mellor Cartel por segundo ano consecutivo.

 

 

 

E WOS Festival foi recoñecido por Mellor Aportación Turística.

 

 

 

 

Bótalle un ollo ao palmarés completo dos IV Iberian Fest seguindo esta ligazón!

  noticias