• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

OOOUTRA! OOOUTRA! OOOUTRA! AGOSTO 2019

OOOUTRA! OOOUTRA! OOOUTRA! AGOSTO 2019
26 XULLO 2019

Se os festivais de xuño e xullo soubéronche a pouco... prepárate porque agosto tamén chega cargadiño e facilón, xa que se por datas é... nin que elixir tedes, podedes desfrutalos todos! Catro festivais da plataforma farán que estés ocupado desde o primeiro día ata o último (literal!) con opcións musicais e culturais para todos os gustos, e os petos!

 

 

 

 

 

SONRÍAS BAIXAS

Cunha carta de presentación que reza «boa música, gastronomía e praia», SonRías Baixas, o festival «de festivaleiros para festivaleiros» coa música como protagonista ofrece unha programación fresca e orixinal que mestura artistas consagrados do panorama nacional e internacional.

 

Cando?: 1-3 de agosto

Onde?: Bueu (Pontevedra)

Quen?:

Xoves 1 Dubioza Kolektiv • Zoo • Periferia Norte • NAO

Venres 2 Iseo & The Dodosound with The Mousehunters • La M.O.D.A • Toteking • Muyayo Rif • Nius de Nit • Hakuna Tanaka • Som do Galpom • Ambigüo

Sábado 3 La Pegatina • SÉS • Boikot • Segismundo Toxicómano • Dakidarría • Zea Mays • Ninhodelosrecaos DJ

Canto?: Abonos de 3 días con acampada incluída por 41 € e entradas de día a 25 €, sen acampada, ambos prezos máis gastos de xestión en sonrias.info.

 

 

 

REVENIDAS

O Revenidas é unha cita anual imprescindible no calendario dos festivais galegos onde a música comparte protagonismo coas sardiñas salgadas e asadas na grella. Xa hai 16 anos que en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) se reúnen cada agosto artistas de dentro e de fóra, unidos por sons mestizos á vez que de marcado carácter popular, que acompañan e promoven a festa e reivindican a cultura e o espazo público como patrimonio dos cidadáns.

 

Cando?: 9-11 de agosto

Onde?: Porto de Vilaxoán de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Quen?:

Vernes 9 Desakato • The Baboon Show • Hard GZ • Mal Élevé • Erin (Comando Katana) • Tribade • Flow do Toxo • Ferromona DJ

Sábado 10 Gatillazo • Talco • Skacha • Los Caligaris • Remelióm do Inframundo • Valira • El Niño de la Hipoteca • TNT • DJ Plan B

Domingo 11 Gogol Bordello • NAO • Doctor Krapula •Gambeat • Los Jinetes del Trópico • Bastards on Parade • Leo Arremecághona • Chocolate Remix • La Duendeneta

Canto?: Compra online anticipada en revenidas.com por 41 € máis gastos de xestión o abono con acampada incluída, e por 25 € máis gastos de xestión a entrada diaria.

Máis! Os Concertos A Bordo están este ano protagonizados por Leo Arremecághona, Gabri Dakidarría e Ugía Pedreira, o sábado, e Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola o domingo, con entradas en revenidas.com por 20 € máis gastos de xestión.

 

 

OSA DO MAR

O festival máis «agarimoso» cumpre seis aniños mantendo o formato que estreou a pasada edición. Do mércores 14 ata o venres 16, os concertos repartiranse por distintos locais de hostalaría da localidade e, o sábado 17 na Praza do Concello. Osa do Mar segue a apostar pola mesma liña que en edicións anteriores, cunha programación orixinal e un cartel alternativo, underground e de calidade, tentando fusionar diferentes estilos.

 

Cando?: 14-17 de agosto

Onde?: Burela (Lugo)

Quen?: Berta Franklin • Brais Morán • Carolina Durante • Grande Osso • Kokoshca • La Plata • Los Pontiaks • Menoulious Dop • Thee Blind Crows • Zé Pequeno • Andhrea & The Black Cats • Los Jinetes del Trópico • Los Vinagres • Ortiga

Canto?: De balde!

Novidade! Este ano, grazas ao Centro Comercial Aberto de Burela, Osa do Mar estende a programación musical e haberá concertos os xoves e os domingos 11, 18 e 25 de agosto, en diferentes locais de Burela.

 

 

 

ORIXE FESTIVAL

Caldas de Reis estreaba a tempada festivaleira «oficial» con PortAmérica a primeira fin de semana de xullo... e despídea con outro. Da carballeira pasamos ao malecón do xardín, espazo natural que acollerá a sétima edición do Orixe Festival, de entrada de balde e solidaria organizado pola Asociación Zona Afectada. Os asistentes, ademais de desfrutar dun cartel de diversos estilos, poderán ser partícipes das diferentes actividades complementarias, aínda por anunciar, que ofrece o festival.

 

Cando?: 31 de agosto

Onde?: Caldas de Reis (Pontevedra)

Quen?: Thomas Dylan • Balea • Aphonnic • mais por confirmar!

Canto?: Entrada solidaria; os asistentes «pagarán» con 1 kg de alimento non perecedoiro que destinado ao Banco de Alimentos.

 

  noticias