11 VÍDEOS PARA NON DURMIR
Aínda faltan 20 días para o Samaín, dúas semanas para celebrar a noite máááááis terrorífica do ano 👻 Ready?
A festividade, de orixe celta, honraba ao Señor da Morte, Samhain, cuxa traducción é, literalmente, «fin do verán»; estes pobos asociaban a chegada dos días máis fríos e escuros coa morte, crendo, ademais, que existía unha barreira entre o mundo dos vivos e dos mortos que se abría ao final da tempada estival.
Popularmente, isto permitía aos fantasmas roldar as súas anchas pola Terra e, para escorrentalos, os pobos celtas tallaban vexetais a man, iluminándoos cunha vela... na actualidade, encargámonos de espantalos disfrazados de bruxas, gatos negros, Freddy Krueger, Chucky, Mércores Addams, unicornios...? Do que sexa, esperamos que o teñades en mente, porque é o único que necesitaredes para vivir a tope cada un destes 11 vídeos, e non pegar ollo esta noite!
1. Human Flesh – BALA
2. Sal y Sangre – Selvática
3. Truco o Trato – Erin
4. Lluvia – Furious Monkey House
5. Human Waste – ENKI
6. Cró! – Cró!
7. Shadows – Vörtex
8. Ouija – Acidproyect
9. Gris – Basanta
10. Magma & Trueno – Guerrera
11. Vuelve el hombre – Gharabullo