• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVIDADES CORENTUNES VOL. V

NOVIDADES CORENTUNES Vol. V
22 MAIO 2020

Versións, remixes, estreas!, colaboracións… eles arríscanse con todo!

 

Impro #1 - Nico Casal

Primeira entrega audiovisual da serie de improvisacións caseiras do pianista galego; cada xoves compartirá unha nova, aquí atoparás a de onte, xoves 21!

 

 

 

Canción de Nenos - Germán Díaz

Para os pequenos grandes heroes desta corentena!

 

 

 

Nada Nuevo Bajo El Sol - Calero

O Aire (2020) de xaneiro trouxo con consigo un novo single presentación do que será o seu vindeiro traballo discográfico, CALERO Vol. II - 432Hz.

 

 

 

Our Song - Sickeeper

Outra banda que soubo sacarlle o máximo partido á corentena e lanza un tema inédito.

 

 

 

Pasei pola túa porta - Os d’Abaixo

«Pílula musical» como parte da campaña de música e lingua posta en marcha polo Concello de Teo para celebrar o Día das Letras Galegas.

 

 

 

Concerto Día das Letras Galegas 2020 - 2naFronteira

Ao vivo, desde a súa casa, o dúo ofreceu un repertorio centrado na figura de Carvalho Calero e en poemas da revista Nós, quecelebra o seu centenario.

 

 

 

Tu Corazón - Artabe

Colaboración, a distancia!, sobre o tema orixinal do cantautor multiinstrumentista arxentino Lisandro Aristimuño.

 

 

 

A Casa da Ledicia - Susana Martínez

Versión en galego da súa ‘The House of Mirth’ co gallo do Día das nosas letras.

 

 

 

Canción Legüera - MJ Pérez

«Versión Confinamiento» feita a distancia do tema incluído no seu último disco, A Luz Prendida (2020), e que, a día de hoxe, cobra aínda máis significado.

 

 

 

Restaurantes - Boyanka Kostova ft. Ortiga

Botabámolos de menos, pero a espera valeu a pena… por partida dobre!

 

 

 

ACTION! ONE MINUTE SMILE - Carlos Arcay

Estrea dun novo remix… con mestura e mastering ao vivo!

 

 

 

Rosiña do Mes de Maio - Lucía Pérez

Peza audiovisual en branco e negro dedicada aos seus avós, Aurora e Manolo, pola súa «verdadeira historia de amor e [por ser] un exemplo de galegos de corazón».

 

 

 

Corasón de Carballo - Heredeiros da Crus

No Día das Letras Galegas, un Carballo para outro Carvalho da voz e guitarra de Javi Maneiro, co que podemos desfrutar (e descubrir?) da faceta melódica dos Heredeiros.

 

 

 

No digas que no - PARDO

Homenaxe a Enrique Urquijo (Los Secretos), unha das maiores influencias do cantautor coruñés, a guitarra e voz.

 

 

 

Concerto Presentación Triángulo de Amor Bizarro (2020) SON Estrella Galicia - Triángulo de Amor Bizarro

Íano facer en San Isidro (Madrid), pero, por vez primeira (e agardamos que sexa a derradeira!), o presentaron desde casa; oito cancións en case 35 minutos que aumentaron aínda máis as ganas que temos de desfrutalos ao vivo.

 

 

 

 

ETIQUETAS

  noticias