• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVIDADES CORENTUNES VOL. VI

NOVIDADES CORENTUNES Vol. VI
29 MAIO 2020

Cada venres que pasa é un venres menos para, por fin, poder desfrutar da súa música ao vivo… cun aforamento máximo dun tercio, pero mantendo as ganas ao 100%!

 

Dream On - José Carballido Khitara

O clásico da primeira época de Aerosmith, a guitarra e voz, para convidarnos a seguir soñando… entre fase e fase.

 

 

 

Caravan - 4Mal Quartet Jazz

Case dous minutos de adianto do que está por vir!

 

 

 

Quinteto - Alfonso Medela

Desta volta, o pianista e compositor trae unha peza en formato quinteto, xunto a Rubén Fernández (voz), Xosé Miguélez (saxo), Óscar Rodríguez (contrabaixo) e Max Gómez (batería).

 

 

 

Alfonsina Y El Mar - Abe Rábade

Solo de piano de ‘Alfonsina Y El Mar’, poema musicalizado do suicidio da poeta arxentina Alfonsina Storni, orixinal de Ariel Ramírez y Félix Luna.

 

 

 

Maruxa - Zënzar

Corte pertencente ao seu último disco, dispoñible en formato USB e CD, no que unha das voces tamén ten nome de muller, a de Laura (baixo)!

 

 

 

 Capítulo III ‘Perry & Chewis’ - Los Eternos

 

 

Drag Me Down Remix - Carlos Arcay

O guitarrista, compositor e produtor compostelán volveuno facer, volveu á súa canle de YouTube para ofrecernos un tutorial de mixing&mastering ao vivo e completamente de balde; desta vez, o tema escollido foi ‘Drag Me Down’.

 

 

 

Ay Dolores - LAROÁ

Versión do tradicional ‘Ay Dolores’ gravado entre os meses de abril e maio.

 

 

 

You Are So Beautiful - Pablo Vidal Group

Nova entrega dos #Coronavídeos dedicada á liberdade… esa que tanto botamos de menos!

 

 

 

Praza d’Almeida - Margarida Mariño

Do «puño e letra» do seu irmán, Borja Mariño, e do seu cello xunto a tres pedais de loop, Margarida Mariño nos regala esta pequena homenaxe composta durante o actual estado de alarma.

 

 

 

El Extraordinario Viaje en El Tiempo Futuro - Cervan

Fragmento en acústico do tema que dará nome ao vindeiro traballo discográfico da banda ourensá, cinco anos despois daquel Mr. Hyde (2015).

 

 

 

Estado de Fuga - Cristian Silva

Cápsula en acústico do seu último single-clip con gaita galega, guitarra acústica, stompbox e pedaleiras.

 

 

 

Lying On The Grass - The Soul Jacket

Toño López (voz) e Jorge Mizer (guitarra) interpretan ‘Lying On The Grass’, ao vivo e para Factoría Sound, corte incluído no seu último traballo, Plastic Jail (2018).

 

 

 

'S e ur beatha [BBC ALBA] - Fernando Barroso, Xabier Díaz, Guadi Galego, Donald Shaw, Karen Matheson e Finlay McDonald

Nunca antes Galicia (Salceda de Caselas, Brión e Santiago de Compostela) e Escocia (Neilston, Glasgow) estivera tan unidas, a pesar da distancia, e da COVID-19!

 

 

 

 

 

ETIQUETAS

  noticias