• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

REMATAN AS GRAVACIÓNS DO ‘GALICIA EMERXE’ CON 50 ARTISTAS E GRUPOS GALEGOS

REMATAN AS GRAVACIÓNS DO ‘GALICIA EMERXE’ CON 50 ARTISTAS E GRUPOS GALEGOS
6 OUTUBRO 2020

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acolleu durante as últimas semanas a gravación dos 50 concertos ao vivo de Galicia Emerxe, o programa musical creado pola Xunta de Galicia como parte do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico fronte aos efectos da COVID-19.

 

Así, ademais das 41 axencias de contratación galegas a través das que participaron os 50 artistas seleccionados, Galicia Emerxe mobilizou 21 empresas de servizos musicais, así como máis de 30 técnicos de son dos propios grupos. Neste sentido, estiveron implicados «súper-equipos» de produción, son, iluminación, realización e edición de vídeo, deseño gráfico e visual, construción efémera, escenarios e estruturas, hospitalidade, backline, comunicación e, especialmente ante a situación actual, seguridade e prevención de riscos laborais que garantiron un estrito protocolo hixiénico-sanitario dos equipos artísticos e técnicos.

 

Grazas á implicación da TVG, coa que se contou para a súa emisión, axiña poderemos desfrutar do resultado!

 

A listaxe definitiva de artistas e grupos é, por orde alfabética:

⚡ Galicia Emerxe Vol. I

 

⚡ Galicia Emerxe Vol. II

 

  noticias