‘ALBUM DO ANO’ E ‘MELLOR PRODUCIÓN MUSICAL’, TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO FAI DOBRETE NOS XIII PREMIOS MIN
A XIII edición dos Premios MIN, organizados pola UFi (Unión Fonográfica Independiente), celebrouse onte á noite en Burgos. O Teatro Principal da cidade acolleu unha gala homenaxe a un secto que pasou o seu peor ano, con Rodrigo Cuevas como mestre de cerimonias, público e medidas anti-COVID.
Nunha cerimonia que coroou a Delaporte como banda máis premiada con tres galardóns, incluído Mellor Artista, Triángulo de Amor Bizarro fizo dobrete e, das catro categorías ás que estaba nomeada, a banda coruñesa alzouse con dous premios: Álbum do Ano por por Triángulo de Amor Bizarro, e Mellor Produción Musical por Triángulo de Amor Bizarro (Carlos Hernández & Triángulo de Amor Bizarro). O talento galego continuou con Néboa, quen trouxo á casa o Mellor Álbum Galego por A realidade enganosa, e Ginebras, e o seu Ya dormiré cuando me muera, foron premiadas co Mellor Álbum Pop.
Un dos momentos máis emotivos da cerimonia protagonizouno a lenda da radio musical Julio Ruíz, quen recibía de mans do presidente de UFi, Mark Kitcatt, o Premio de Honra Mario Pacheco por capitanear durante 30 anos o programa de Radio 3 Disco grande. Como explicou nos seus agradecementos: «Para min é un momento moi bonito porque UFi púxolle a este Premio o nome de alguén que loitou pola música independente e alguén a quen eu coñecín moito. Pechouse un círculo».
GAÑADORES DOS XIII PREMIOS MIN
> ‘Mellor Grabación de Electrónica’ - Delaporte por Las montañas
> ‘Mellor Álbum de Música Clásica’ - Alba Ventura por Mozart Piano Sonatas Vol. 1
> ‘Mellor Álbum de Pop’ – Ginebras por Ya dormiré cuando me muera
> Premio SAE Institute a ‘Mellor Produción’ - Triángulo de Amor Bizarro por Triángulo de Amor Bizarro
> ‘Mellor Álbum en Gallego’ - Néboa por A Realidade Enganosa
> Premio Instituto Ramón Llull ao ‘Mellor Álbum en Catalán’ - Renaldo & Clara por L’amor Fa Calor
> Premio Instituto Etxepare ao ‘Mellor Álbum en Euskera’ - Zetak por Zeinen Ederra Izango Den
> Premio Soundie ao ‘Mellor Videoclip’ - Delaporte por “Las montañas”
> ‘Mellor Álbum de Flamenco’ - Astola y Raton por Rock de Palo
> Premio Gibson ao ‘Mellor Álbum de Rock’ - Belako por Plastic Drama
> Premio Ribera del Duero ao ‘Mellor Artista Emergente’ - Rigoberta Bandini
> Premio ao ‘Mellor Diseño’ - Crudo Pimento por 7 Acúfenos
> Premio ao ‘Mellor Álbum de Música de Raíz’ - Maria Rodes por Lilith
> Premio AIE ao ‘Mellor Álbum de Jazz’ - Jorge Pardo y y Gil Goldstein por Brooklyn Sessions
> Premio Amazon Music ao ‘Mellor Artista’ - Delaporte
> Premio a Mellor Gravación de ‘Músicas Urbanas’ - Alizzz
> ‘Mellor Álbum Internacional’ - Fontaines DC por A Hero’s Death
> Premio Radio 3 á 'Canción do Ano' - Rigoberta Bandini por “In Spain We Call It Soledad”
> Premio The Orchard ao ‘Álbum do ano’ - Triángulo de Amor Bizarro por Triángulo de Amor Bizarro
Triángulo de Amor Bizarro
Álbum: Triángulo de Amor Bizarro · Produción musical: Triángulo de Amor Bizarro (Carlos Hernández & Triángulo de Amor Bizarro)
Con case dúas décadas no mundo da música, o grupo coruñés segue a reafirmar o seu talento e a ampliar a súa proxección. Triángulo de Amor Bizarro (Mushroom Pillow, 2020) é o traballo que lles valeu o seu posto como finalistas desta edición en catro categorías, incluídas Mellor Albúm e Mellor Artista. Triángulo, veterano —e repetidor: gañaron catro premios tanto en 2011 como en 2017— nos MIN, é un claro exemplo de que o rock nunca morrerá, está máis vivo que nunca a través das súas incisivas letras e explosivas composicións.
Néboa
Álbum en galego: A realidad enganosa
Este quinteto transita libremente por todo un abano de sons, presentando melodías que viaxan desde a música tradicional galega ata o pop, achegándose ao jazz e explorando os mundos da indietrónica. Fórmanse en 2012 tras levar cada un deles unha traxectoria distinta, pero aínda non sacaran ningún traballo de larga duración ata o ano pasado: A realidade enganosa (Raso Estudio, 2002). Un disco que reúne todas as súas virtudes e innovacións sonoras, enlazando cancións en galego con outras en portugués. Este traballo levounos ata a recta final dos Premios MIN, polo que están nomeados na categoría de Mellor Álbum Galego.
Ginebras
Álbum de pop: Ya dormiré cuando me muera
A través dun mundo pop propio, tinguiduras de indie nacional e letras autobiográficas cargadas de humor, este grupo de rapazas comezou hai pouquiño a súa andadura musical, pero o seu impacto xa é notorio… con tan só un álbum no mercado! Coa galega Magüi como vocalista, Ginebras entrou de cheo nos Premios, acadando nomeamentos en catro categorías: Mellor Álbum, Mellor Artista Emerxente, Canción do Ano e Mellor Álbum de Pop. O seu divertido, enérxico e colorido álbum Ya dormiré cuando me muera (Vanana Records, 2020) e o tema “Paco y Carmela” son as obras que lles poden servir ás Ginebras para alzarse con algún premio.