• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

CASA DAS CRECHAS & EL NÁUTICO. DIRECTOS XACOBEO ’21. VOL.29

CASA DAS CRECHAS & EL NÁUTICO. DIRECTOS XACOBEO ’21. VOL.29
4 DECEMBRO 2021

Unha entrega, dúas salas… e o derradeiro sábado de Directos Xacobeo’21. Lembrade que as actuacións están divididas en capítulos (un por canción). Deste xeito, resulta máis sinxelo tanto acceder a calquera parte da gravación como saber exactamente que tema escoitamos en cada momento con só botarlle unha ollada á barra de progreso. Alén diso, no propio vídeo, aparece un rótulo co título ao comezo de cada tema.

 

 

CASA DAS CRECHAS

Situada na Vía Sacra (Santiago de Compostela), este templo da música folk leva acollendo adeptos desde hai 34 anos, aínda que a súa historia remóntase alá polo século XIX. Con esta traxectoria de lenda non é de estrañar que a Casa das Crechas se convertera en fogar dun grande abano de grupos estatais emblemáticos, do calibre de Budiño, mais tamén de talle internacional como o francés Jacky Molard, entre outros. Pola súa curiosa fiestra aberta soa folk a todas horas, seducindo os transeúntes a entrar e descubrir un interior que transporta a outras épocas. É o lugar perfecto para, como din eles, «compartir música, arte e amigos».

 

Dirección: Vía Sacra 3, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

Facebook: https://www.facebook.com/casadascrechas/

 

 

 

MJ PÉREZ

Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes

Unha das voces máis recentes do panorama musical galego, mais cunha chea de concertos e con catro discos ás súas costas, vén directa desde Arzúa. A música de MJ Pérez é unha mestura de diferentes estilos musicais, na que predomina o pop rock, cun protagonismo importante, e compartido, entra as súas letras reivindicativas e a grande personalidade da súa voz. Aínda que desde os seus inicios experimentou e evolucionou cara a novas fórmulas, a cantautora non perde a súa esencia.Tras tocar en Galicia e Portugal, en 2019 é finalista dos Premios Martín Códax da Música, xa en 2020, lanza o seu último disco, A Luz Prendida... e, xa neste 2021 recolle, por fin, esa Melómano na categoría Canción de Autor/a.

 

 

 

CANDORKA TRÍO

Candorka Trío, grupo formado por Brais Monxardín (gaita), Miguel Anxo López (percusión) e Vadim Yuknevich (acordeón,voz), nace en terras lucenses en 2019 cunha grande vocación pola música folk. O eixo do seu proxecto baséase na música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo. A conxugación do repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada levounos a ser un dos tres finalistas dos VII Premios Martín Códax da Música na categoría Folk.

 

 

 

TURMA CAIPIRA

Son un grupo galego... mais ben poderían ser do mesmo Río de Xaneiro! O cuarteto, integrado por Fran Castro (piano), Marga Ramos (voz), Quique Alvarado (baixo) e Samuel Pérez (batería), quedou finalista nos Premios Martín Códax da Música na categoría de Músicas do Mundo en 2018. E é que dende os seus inicios, no 2009, souberon conxugar variedade de estilos brasileños, como a samba, a bossa nova ou o baio, insuflando toda unha gama de emocións ás súas composicións intimistas.

 

 

 

 

NÁUTICO DO GROVE

Hai case 30 anos que o Náutico abriu as súas portas, case tres décadas nas que Miguel de la Cierva converteu o local que «fracasara en mans da súa familia» nun Olimpo da música, unha cita ineludible para todo artista que se prece. De todo artista... e de todo público, porque non só artistas e grupos de todo o territorio estatal queren subirse ao seu escenario, senón que, verán tras verán, multitude de seguidores se agolpan detrás da mítica cerca que separa o local da praia da Barrosa (San Vicente do Mar, O Grove) para desfrutar do concerto do que non pudieron conseguir entradas. E é que a oferta deste pequeño, pero acolledor, local a pé de praia é coidadosamente seleccionada cada ano polo propio Miguel, que mestura actuacións de artistas consagrados (e casi da casa!) con outros emerxentes da escena local. Leiva, Iván Ferreiro, Coque Malla, DEPEDRO, Xoel López, Quique González, Love of Lesbian, Lori Meyers, Andrés Suárez, Vetusta Morla, Taburete, Eladio y Los Seres Queridos, The Soul Jacket... son só algúns dos que tocaron, e repetiron, sobre as súas táboas. E é que este templo musical que pon banda sonora ao océano Atlántico ten as mellores condicións para vivir os directos ao máximo: bo son, boa acústica, boa carta (a paella!) e, probablemente, a mellor compañía.

 

Dirección: Praia da Barrosa s/n, San Vicente do Mar, 36988 O Grove (Pontevedra)

Web: http://www.elnautico.org/

 

 

 

LOS HOT CHOCOLATES

Banda coruñesa dedicada a trasladar ao público ás orixes do jazz, xa que durante os concertos asemella que estemos no mesmísimo Harlem neoyorquino ou nas orillas do Misisipi. O seu obxectivo é claro, contaxiar o amor polas melodías do jazz e o swing máis clásicos, achegándonos a unha música alegre e positiva de fai xa máis dunha centena de anos, para ambientarnos nunha época grandiosa para o dixieland e o swing. Desde 2013 levan facendo bailar e divertindo ao público de multitude de salas ou mesmo no XXVI Festival de Jazz de Ceuta, por exemplo, cunha atmosfera festiva do máis cativadora.

 

 

  noticias