11 PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XIV EDICIÓN DOS PREMIOS MIN

Un xurado composto por profesionais do sector vén de elixir aos 5 nominados aos Premios MIN en cada categoría, dentre os semifinalistas que votara o público. Zahara, con nove nomeamentos, é a artista que acumula máis opcións, seguida de Baiuca, con seis —incluídos ‘Álbum do Ano’, ‘Mellor Produción Musical’ e ‘Mellor Gravación de Electrónica’— séguenlles Alizz e Maria Arnal i Marcel Bagés con cinco, Rigoberta Bandini e Tanxugueiras, con catro e tres respectivamente.
O trío de cantareiras opta a ‘Mellor Artista Emerxente’, ‘Canción do Ano’ por “Terra” e ‘Mellor Videoclip’ por “Figa”. Entre os finalistas galegos destacan tamén os nomeamentos de Abe Rábade a ‘Mellor Álbum de Jazz’ por Sorte (2021), e a de Triángulo de Amor Bizarro a ‘Mellor Directo’.
A banda da Loba, Baiuca, Grande Amore, Os Resentidos e Verto son os cinco proxectos nomeados na categoría de ‘Mellor Álbum en Galego’. Completan a listaxe de finalistas da nosa terra Ortiga, BATEA e BFlecha.
Os gañadores desta XIV edición dos Premios MIN coñecerémolos o vindeiro 27 de abril na gala de entrega que se celebrará no Navarra Arena de Pamplona, coa tamén galega Carolina Iglesias (@percebesygrelos) como mestra de cerimonias. Baiuca, Maria Arnal i Marcel Bagés, Rosario la Tremendita e Chilla Mafia serán algunhas das actuacións que se poderán desfrutar ao vivo. Este ano, a gala tamén volve estar aberta ao público, previa adquisición de entradas en seguindo esta ligazón.
Baiuca
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (22/6/2020)
Artista Emerxente • Canción do Ano: “Veleno” • Álbum: Embruxo (Raso, 2021) • Gravación de Electrónica: Embruxo (Raso, 2021) • Álbum en Galego: Embruxo (Raso, 2021) • Produción Musical: Alejandro Guillán Castaño por Embruxo (Raso, 2021)
Tanxugueiras
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (9/12/2019)
Artista Emerxente • Canción do Ano: “Terra” • Videoclip: “Figa” de trece Amarillo
BFlecha
Gravación de Electrónica: Exnovo (2021)
Ortiga
Gravación de Músicas Urbanas: Sabes el camino que elegí (Ernie Records, 2021)
Abe Rábade
Álbum de Jazz: Sorte (2021)
Triángulo de Amor Bizarro
Directo
A banda da Loba
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (17/5/2021)
Álbum en Galego: Hasme oír (Seispés Producións Creativas, 2021)
Grande Amore
Álbum en Galego: Grande Amore (2021)
Os Resentidos
Álbum en Galego: Organización Nautilus (Altafonte, 2021)
Verto
Álbum en Galego: Embora (2021)
BATEA
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (11/10/2021)
Deseño Gráfico: André Taboada e BATEA