E AS MELÓMANAS 2022 FORON PARA...
As Melómanas dos IX Premios Martín Códax da Música xa teñen dono! Organizados pola asociación Músicas Ao Vivo, co apoio da Xunta de Galicia, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu esta noite a Gala dos Premios baixo a dirección artística da actriz, guionista e dramaturga Carmen Conde, de Tarabela Creativa. Centrada na historia e relevancia das verbenas da nosa terra, a festa da música galega por excelencia contou tamén coa Mekanica Rolling Band no escenario; a electrocharanga orixinaria de Negreira (A Coruña) foi un dos elementos fundamentais no desenvolvemento da gala co seu espectáculo de música e baile. Estreábanse dúas categorías, as de Arista do Ano e Artista Emerxente... Pero o momento máis emotivo foi a pechada ovación a Fuxan os Ventos ao recolleren o Premio Honorífico, neste ano no que celebran o 50 aniversario da banda, que quixo poñer fin á verbena cantando a coro co público "Sementeira".
E as melómanas foron para...
Música Tradicional
Airiños da Freba
Músicas do Mundo e Mestizaxe
Sheila Patricia
Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (9/5/2022): «‘ORIXE’ QUERO QUE SEXA UN ABRIR DE BOCA PARA O QUE VIRÁ NOS PRÓXIMOS ANOS»
Bandas de Música Popular
Banda Unión Musical de Meaño
Folk
Os d’Abaixo
Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (4/4/2022): «‘SOMOS A PEDRA’ É MÁIS CORAL E MÁIS RICO, TANTO A NIVEL RÍTMICO COMO MELÓDICO OU HARMÓNICO»
Electrónica
Grande Amore
Jazz e Músicas Improvisadas
Xosé Miguélez 4tet
Ver perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (19/9/2022): «QUERÍA FACER UN DISCO MÁIS CLÁSICO NA COMPOSICIÓN, PERO MÁIS LIBRE NA IMPROVISACIÓN»
Rock
Familia Caamagno
Metal
GRIMA
Blues, Funk e Soul
Nastasia Zürcher
Ver perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (20/6/2022): «VIVO POLAS EMOCIÓNS, POR SENTIR, POR AMAR, POR COMPARTIR»
Canción de Autora/or
Sofía Espiñeira
Infantil
Mamá Cabra
Músicas Urbanas
Rebeliom do Inframundo
Orquestras, Grupos e Música de Verbena
América de Vigo
Pop e Indie
Néboa
Música Clásica e Contemporánea
Samudra Trío
ORGANISTRUM – ESPAZO DE COMUNICACIÓN MUSICAL
ORGANISTRUM – FESTIVAL
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
ORGANISTRUM – SALA
ARTISTA EMERXENTE
Antía Muíño
ARTISTA DO ANO
Nastasia Zürcher
Ver perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (20/6/2022): «VIVO POLAS EMOCIÓNS, POR SENTIR, POR AMAR, POR COMPARTIR»
PREMIO HONORÍFICO
Fuxan os Ventos
Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (16/5/2022): «FUXAN OS VENTOS: 50 ANOS»
En outubro de 1972, e baixo o nome de Folk 72, un grupo de mozos de entre 16 e 20 anos preséntase ao III Festival das San Lucas de Mondoñedo (Lugo), certame que gañaron coa canción ‘Fuxan os ventos’; esta peza asentaba a filosofía da formación cunha letra que supoñía toda unha declaración de principios. Eles non o sabían, pero este era só o comezo, porque ese grupo que cantaba «queremos cantar, queremos berrar, coa forza da fe, que a nosa Galicia aínda está de pé» non se podía imaxinar que o seguiría a facer 50 anos despois. Son Fuxan os Ventos, unha das grandes referencias do folk galego que cruzou fronteiras, tanto físicas como ideolóxicas, e traspasou xeracións. Nove discos editados, unha morea de colaboracións e miles de concertos ás súas costas son algunhas (das moitas!) pinceladas deste medio século de traxectoria que cumpren este outubro. Por todo iso, a Asociación Músicas Ao Vivo outorgoulles o Premio Honorífico destes IX Premios Martín Códax da Música.