• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GALICIANTUNES EN WOMEX 23 A CORUÑA

GalicianTunes en WOMEX 23 A Coruña
23 OUTUBRO 2023

Empresas e propostas artísticas no stand de GalicianTunes stand en WOMEX'23 A Coruña

Descarga o catálogo (PDF)

 

10D10

https://10d10.net/

 

Leticia Rey

  ACOUSTIC FOLK · ETHEREAL JAZZ

Leticia Rey está chamada a chegar aos corazóns de millóns de persoas. A súa voz e as súas cancións son das que se lembran unha vez que as escoitas por vez primeira. Ofrece concertos como solista, en dúo de folk acústico e como quinteto de músicos profesionais en concertos que ela define como “jazz etéreo”.

 

 

 

 

 

BOROA

https://boroamusic.com/

 

Boroa

  FOLK · GALICIAN TRAD · WORLD MUSIC · JAZZ          Perfil en galiciantunes

Boroa presenta “O’ clásico fol” (2023), un nuevo concepto musical con composicións orixinais que crean unha viaxe a un universo diferente alén do Atlántico. O grupo amosa un proxecto que vira arredor da versatilidade da gaita e a súa adaptación ás novas tecnoloxías.

 

 

 

 

 

 

CHARLATANA

http://www.charlatana.org/

 

Måi

  TRAD · FOLK · ELECTRONICS · POP          Perfil en galiciantunes

Måi é unha vibración que vén da Terra. Måi é unha melodía que nos guía a un lugar musgoso onde se pode sentir a vida. Måi é un ritual coa natureza que nos leva a conectar co noso interior. Måi canta desde unha cova para que a escoiten todos os seres vivos.

 

 

  

 

 

CULTURACTIVA

https://www.culturactiva.org/

 

Mercedes Peón

  WORLD MUSIC · ELECTRONICS         Perfil en galiciantunes

Compositora, vocalista e instrumentista galega. A súa música ofrece unha variedade compositiva enraizada na polirritmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminando en temas eclécticos e descaradamente vibrantes.

 

 

 

 

Os d’Abaixo

  FOLK         Perfil en galiciantunes

O grupo folk Os d’Abaixo naceu en 2010. Logo do éxito do seu primeiro disco, comezaron a xirar por festivais dentro e fóra de Galicia. En 2022 publican o seu disco “Somos a pedra” que, unha vez máis, combina a súa particular reinterpretación da tradición con composicións orixinais.

 

 

 

 

Uxía & Javier Ruibal

  FOLK · SINGER-SONGWRITER           Perfil en galiciantunes       

Uxía e Javier Ruibal unen as súas forzas para crear o proxecto "De tu casa a la mía". Ambos proceden do folk ibérico; dúas voces que beben de toda esa herdanza que Lorca e Rosalía transmitiron a través dos seus versos.

 

 

 

 

Xurxo Fernandes

  FOLK         Perfil en galiciantunes

Xurxo Fernandes comezou a formarse en danza e canto tradicional desde moi novo, iniciándose no traballo de campo en aldeas de toda Galicia. Isto mestúrase cun achegamento aos sons característicos das comunidades sefardíes. A fusión da súa viaxe culmina na súa obra: "Levaino!"

 

 

 

 

 

 

JAZZ FROM GALIZA

 http://www.xacobemartinezantelo.com/

 

Orquestra Galega de Liberación

  JAZZ AND IMPROVISED MUSIC          Perfil en galiciantunes

Gran ensemble galego de composición en tempo real. Orquestra de vangarda e contemporánea baseada na música improvisada e na composición ao vivo. Tres discos dispoñibles en todas as plataformas.

 

 

 

 

 

Sumrrá

  JAZZ AND IMPROVISED MUSIC          Perfil en galiciantunes

Trío galego de power jazz. 23 anos xuntos. Sete discos. Centos de concertos por todo o mundo. Premio España de Jazz como mellor banda consolidada en 2022.

 

 

 

 

 

 

LA YOGURTERA

https://layogurtera.es/

 

Tiruleque

  FOLK · WORLD MUSIC · TRAD          Perfil en galiciantunes

TIRULEQUE actúa con instrumentos ligados á música tradicional galega, pero tocados ao seu xeito. Reinterpretando a tradición mesturada con outros estilos, TIRULEQUE pretende facernos bailar, divertirnos e gozar do seu potente directo.

 

 

 

 

 

LOSPREGOS / BUDIÑO

http://www.budinomusic.com/

 

Budiño

  TRAD · SINGER-SONGWRITER · WORLD MUSIC          Perfil en galiciantunes

Budiño, mestre gaiteiro galego e creador de melodías imposibles, enraíza a súa música na tradición galega sutilmente mesturada con sons máis contemporáneos. As súas creacións e os seus fantásticos directos deron a volta ao mundo.

 

 

 

 

 

LUNEDA

https://www.luneda.gal/

 

Abraham Cupeiro

  WORLD MUSIC         

Hábil construtor de instrumentos e multinstrumentista coñecido, sobre todo, por recuperar instrumentos desaparecidos hai moito tempo —como o Karnyx celta da idade de ferro, o ancestral corno de vaca galego, o aulos grego ou o cornu romano— e crear con eles novas sonoridades.

 

 

 

 

Caldo

  TRAD · FOLK         Perfil en galiciantunes

Trío galego que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos, engadindo novas texturas e atmosferas mediante a experimentación cos seus instrumentos, achegando así outra dimensión ao repertorio aprendido da tradición oral galega.

 

 

 

 

David Regueiro Trio feat. Alexandre Cavaliere

  JAZZ MANOUCHE         

Un dos guitarristas de gypsy jazz máis destacados de España publica agora “Perfect Match” (2023), o seu novo disco, gravado xunto ao violinista belga Alexandre Cavaliere, unha referencia na actual escena europea do jazz manouche.

 

 

 

 

Moura

  TRAD · PSYCHEDELIA        Perfil en galiciantunes

A medio camiño entre a música de tradición oral, a neopsicodelia e o rock progresivo, Moura é unha das bandas máis sorprendentes da escena galega actual, cun directo irresistible cheo de ritualismo e respecto aos antepasados.

 

 

 

 

 

LYDIA BOTANA

https://lydiabotana.com/

 

Bolboreta

  REGGAE · FUSION          Perfil en galiciantunes

Creada pola multinstrumentista Lydia Botana, comprometida coa educación para facer un mundo mellor, Bolboreta transportarache ao seu colorido universo cunha música alegre que combina reggae, latin, rap ou cumbia, fusionando linguaxes que falan de respecto e esperanza.

 

 

 

 

De Aquí para Allá

  CHILDREN'S MUSIC         Perfil en galiciantunes

Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por todos os continentes cunha bolboreta, amosando diferentes tradicións, bailes e instrumentos, mentres vai adquirindo novas cores nas súas ás grazas á música e ás novas culturas que aprende!

 

 

 

 

Mundo Mamemo

  CHILDREN'S MUSIC          Perfil en galiciantunes

Un espectáculo que narra a viaxe ao planeta Mamemo cunha posta en escena e unha escenografía únicas, que mergullan o público nas intensas cores gráficas e musicais que celebran as grandes alegrías e as pequenas penas dos nenos. Francés ou español.

 

 

 

 

 

 

MARIO G. CORTIZO

https://mariocortizo.com/

 

Mario G. Cortizo

  CLASSICAL & CONTEMPORARY · WORLD MUSIC · ELECTRONICS

Músico inquieto; percusionista, compositor e creador sonoro especializado en música clásica, contemporánea e músicas do mundo. “Só un só” é unha proposta escénica para percusión, obxectos, electrónica e texto que mostra as inquedanzas do seu autor.

 

 

 

 

 

 

MIRMIDÓN

https://www.mirmidon.com/

 

Breo

  FOLK

BREO, un novo grupo de folk que emana e bebe da tradición galega, mesturando a música tradicional e a cultura inmaterial de Galicia con novos sons, creando así música contemporánea desde a raíz.

 

 

 

 

Luar na Lubre

  FOLK · CELTIC · WORLD MUSIC          Perfil en galiciantunes

LUAR NA LUBRE XX “ENCRUCILLADA”. Ao longo dos seus 37 anos de carreira musical, o grupo galego vendeu 350.000 copias e recibiu dous Discos de Ouro e nove premios da música, entre outros galardóns dentro e fóra de Galicia. Luar na Lubre deu máis de 2.000 concertos en máis de 40 países.

 

 

 

 

Quico Comesaña + Grupo

  FOLK · CELTIC · WORLD MUSIC          

“Extraterrestre, extraordinario, maxistral, cegador, inmenso...” Esta atafegada serie de eloxios, que podería prolongarse ata completar un extenso parágrafo, provócaa o novo disco de Quico Comesaña, “Mãe”.

 

 

 

 

Sés

  SINGER-SONGWRITER          Perfil en galiciantunes

SÉS, enorme carisma e forza persoal. O son único que a caracteriza, o seu potente directo e a calidade das súas cancións aválana como un dos principais referentes do panorama musical galego.

 

 

 

 

 

 

MUSICARTE

https://musicarte.gal/

 

Adhara & Ritman

  TRAD · FOLK · ELECTRONICS · POP         > Perfil en galiciantunes

Un proxecto musical que xorde das raíces. Co galego como voz e unha instrumentación baseada nas raíces folk da nosa terra, decidimos liberarnos e facer o que nos saia de dentro, mesturado con música latina, reggae, swing, soul e, principalmente, rock.

 

 

 

 

Amoeba Split

  JAZZ · PSYCHEDELIA          Perfil en galiciantunes

Amoeba Split é un grupo musical da Coruña (España) que actualmente interpreta música encadrada dentro do chamado “jazz-rock progresivo”. Considerado un grupo do son Canterbury, as influencias de Amoeba Split son principalmente bandas británicas dos anos setenta.

 

 

 

 

La Casa de los Ingleses

  INDIE          Perfil en galiciantunes

Combinan melodías pop, a delicadeza do indie e a forza do rock. Crean atmosferas cheas de texturas e sensacións únicas, poderosas guitarras electrizantes e melodías contaxiosas, con letras que nos levan do amor e a reconciliación á crítica social e a reflexión existencial.

 

 

 

 

Robert Pier

  RUMBA · FLAMENCO          Perfil en galiciantunes

A súa curiosidade pola diversidade de estilos e pola música de raíz aproximouno, sobre todo, á guitarra flamenca e ao jazz manouche, estilos polos que sentiu unha gran predilección e que, xunto coa rumba, son as súas maiores influencias.

 

 

 

 

 

 

NALGURES

https://www.instagram.com/nalgures.artistas/

 

Álvaro Iglesias 

  FOLK          Perfil en galiciantunes

#contrabaixogalego é o novo proxecto de Álvaro Iglesias. Unha viaxe a tráves de pezas arranxadas e orixinais.

 

 

 

 

Davide Salvado 

  FOLK          Perfil en galiciantunes

Davide Salvado é un cantante galego de música tradicional e músicas do mundo. Actuou na World Music Expor 2014 en formato trío. É autodidacta e viaxou por toda Galicia para recompilar música tradicional.

 

 

 

 

Fixe Trio

  FOLK

Fixe Trio son cancións do mundo; unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e cancións populares arranxadas e interpretadas por este trío musical e o seu particular son. Este proxecto nace do desexo de crear un espazo onde poder expresar inquietudes e desexos a través da música.

 

 

 

 

Orquestra Folc Sondeseu 

  FOLK          Perfil en galiciantunes

Sondeseu é o resultado dun proxecto educativo creado no Departamento de Música Folk e Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Fundada en 2001 como a primeira orquestra estable de Europa con repertorio de música folk, está formada por máis de corenta músicos que interpretan música tradicional galega especialmente arranxada para unha ampla combinación de instrumentos.

 

 

 

 

Xisco Feijoó 

  FOLK       Perfil en galiciantunes

“Peixe” está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista desde unha mirada contemporánea e interpretada desde a modernidade e desde a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías, pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

 

 

 

 

 

 

NORDESÍA

https://nordesia.com/ 

 

A Pedreira

  VANGUARD FOLK

A voz de Marful, Chouteira ou Nordestin@s debuta en solitario con “Segmento Cantábrico”, un álbum de folk progresivo que mestura música, poesía e spoken word, movida por un espíritu de experimentación constante.

 

 

 

 

Abe Rábade

  JAZZ ROOTS          Perfil en galiciantunes

Catorce composicións orixinais dedicadas á vexetación autóctona de Galicia. Xuntas forman “Botánica”, un campo de visión aberto ao mundo que fusiona o rural co urbano, baseado na exploración sen prexuízos.

 

 

 

 

Marcos Coll

  FOLK · WORLD MUSIC

Despois de trinta anos de carreira principalmente no campo do blues, Marcos Coll afonda nas raíces, dando lugar a un cruce de cancións moi melódicas cantadas a través dunha das harmónicas máis importantes do mundo.

 

 

 

 

 

PLAYPLAN

https://playplan.es/es/playplan-cultural-es/

 

Elsa Muñiz

  CLASSICAL MUSIC · CONTEMPORARY

Elsa Muñiz é a pianista que se reiventou para atopar un novo xeito de facer máis accesible a música clásica. Consolidouse como a artista multidisciplinar que chega para revolucionar o panorama instrumental clásico.

 

 

 

 

García MC & Nación Quilombo

  WORLD MUSIC · RAP · URBAN · HIP-HOP          Perfil en galiciantunes

García Mc é un dos grandes referentes da cultura hip-hop en Galicia. O rapeiro galego leva máis de 20 anos revolucionando o panorama musical e levando as súas rimas alén das fronteiras galegas.

 

 

 

 

Sabela

  POP · POP-ROCK · ELECTRONIC POP          Perfil en galiciantunes

Sabela é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico. Con tons escuros, eleva a súa música a un aspecto máis íntimo e emocional, onde contrasta a dureza das súas letras coa beleza da súa música.

 

  

 

 

Tanxugueiras

  FOLK · WORLD MUSIC · TRAD · URBAN         Perfil en galiciantunes

Tanxugueiras son tres cantareiras capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria mesturándoos con ritmos urbanos e electrónicos. A súa enexería, empoderamento e virtuosismo vocal son os principais expoñentes do seu innovador estilo.

 

 

 

 

 

 

PULPIÑO VIASCÓN

https://www.youtube.com/channel/UCKc2eah5ZjboILUGpwR07Kg

 

 

Pulpiño Viascón

  TRAD ORCHESTRA MAN         Perfil en galiciantunes

Marcos Aboal Vázquez (Pulpiño Viascón), músico multinstrumentalista e one-man band afincado na Coruña con máis de 25 anos de experiencia profesional en escenarios de toda Europa, tocando a batería, o acordeón e a voz en varios grupos galegos, como Os Diplomáticos.

 

 

 

 

 

URDIME

https://urdime.gal/musica.php?k=33139&f=gl&f1=&f2=&f3=

 

Abril

  FOLK · TRAD         > Perfil en galiciantunes

Abril é un trío de música folk contemporánea que experimenta con melodías de raíz galega e ibérica, adaptadas con personalidade e frescura a sons máis actuais. As súas cancións contribúen a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade.

 

 

 

 

 

Anxo Araújo

   POP · INDIE · FOLK         > Perfil en galiciantunes

Anxo Araújo asina unha proposta de pop melódico con sintetizadores e instrumentos de vento; un directo vibrante e atmosférico onde a música popular ocupa un lugar importante. Reminiscencias do folk e a música tradicional galega conviven nas súas cancións.

 

 

 

 

Catuxa Salom

  FOLK · ELECTRONICS · WORLD MUSIC         > Perfil en galiciantunes

Catuxa Salom é unha artista galega-arxentina e unha das voces máis potentes da escena folk electrónica. Experimenta coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas, acadando un son que nos conecta co noso lado máis salvaxe.

 

 

 

 

Momboi

  ROCK · LATIN         Perfil en galiciantunes

Momboi mixes folk, rock, influences from traditional Galician music and Latin rhythms that transport us to the other side of the Atlantic. Momboi was chosen as the Best Pop Band at the X Martín Códax Galician Music Awards.

 

 

 

 

Pava

  POP · ROCK         > Perfil en galiciantunes

PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Psicodelia e pop rock alternativo con toques de guitarras crúas e aterciopeladas. Os traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras dalgunhas das máis grandes como PJ Harvey.

 

 

 

 

Ukestra do Medio

  POP · SWING · SURF         > Perfil en galiciantunes

UKESTRA DO MEDIO é unha banda ecléctica con influencias do rock'n'roll, country, swing, pop e surf que utiliza ukeleles e outros instrumentos curiosos para construír pequenas historias de amor. As súas letras profundas contrastan coa frescura dos ukeleles.

 

 

 

 

 

 

XABIER DÍAZ

https://xabierdiaz.com/

 

Xabier Díaz

  TRAD         > Perfil en galiciantunes

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actualiza vellas formas da música tradicional redescubertas durante anos en pequenas aldeas de Galicia. Logo de tres discos que obtiveron un amplo recoñecemento entre crítica e público, o seu novo álbum verá a luz en 2024.

 

 

 

 

 

 

  

ARTYC CONTENT

https://artyc.es/

ARTYC CONTENT. Somos unha empresa de booking que mestura artistas consagrados con novas promesas: a cantaora Carmen Linares (Premio Princesa de Asturias das Artes), Sofía Comas, Pablo Und Destruktion, Cru Pimento, Böj (folk), Faltriqueira (músicas do mundo), Miguel Lamas (jazz)...

 

 

JAU

https://www.jaucultura.com/

 

 

 

MADA PRODUCIÓNS

https://madapro.gal/

Levamos vinte anos realizando eventos culturais. Encántanos crear redes con moitos outros socios para facer posibles os nosos proxectos e produtos. Eventos musicais, festivais, encontros, actividades educativas, accións promocionais... Todos os proxectos necesitan cómplices, en Mada Productions atoparalos.

 

 

 

  noticias