WOMEX 23 A CORUÑA SHOWCASES
WOMEX, o encontro musical máis internacional e culturalmente diverso do mundo e a maior conferencia da escena musical mundial, inaugura hoxe a súa 29ª edición na Coruña. Co obxectivo de celebrar a creatividade e amosar a enorme diversidade musical que ofrece o mundo, WOMEX ten preparados uns showcases que combinan novos talentos revolucionarios e artistas xa consagrados enriba dos escenarios. Entre os máis de 50 artistas que conforman a programación de showcases desta edición o acento galego póñeno Caamaño&Ameixeiras, Baiuca, Ailá e Trilitrate.
Caamaño&Ameixeiras
OPENING STAGE PALACIO DA ÓPERA
MÉRCORES, 25 OUT. 20:30 h
Tomando a tradición como punto de partida, o dúo consegue crear unha linguaxe propia e única. Composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia da música popular con recursos contemporáneos e sitúan a emoción en primeiro plano.
Baiuca
PARROTE STAGE LARGO PARROTE
VENRES, 27 OUT. 00:45 h
Proxecto pioneiro na mestura de música electrónica e música tradicional galega, Baiuca converteuse nun fenómeno mundial nos circuítos alternativo, folk e electrónico, así como nun dos artistas máis influentes da súa xeración.
Ailá
ATLANTIC CONNECTIONS STAGE TEATRO ROSALÍA CASTRO
SÁBADO, 28 OUT. 22:30 h
Ailá é unha proposta artística pensada para bailar e gozar da música galega desde un prisma moderno e contemporáneo. Ailá mergúllanos no universo TRADI con impecables arranxos procedentes dos acervos históricos do saber musical popular.
Trilitrate
ATLANTIC CONNECTIONS STAGE TEATRO ROSALÍA CASTRO
SÁBADO, 28 OUT. 00:00 h
Era iso un tema balcánico? Bluegrass barroco? Math-metal clásico? Ah, pero agora hai anxos cantando en galego... Ben, tanto ten. É un tapiz musical polifacético de imaxinación innovadora rebosante de beleza. Isto somos nós, isto é Trilitrate!